GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da Terra de Rianxo e Postmarcos

084
1457

-84-

Este día, mes e ano4, ẽno dito lugar, Ferrnand Mjgelles, pedreyro, diso que, por quanto / el nõ era cõtento da vjda que fasja cõ Dominga, súa moller, e por nõ254 / cabsar mal de hũu ou de outro, que se quería apartar e quitar dela e se quitaua / e apartaua dela e la daua por libre e quita para que de oje en deante fose / de sy e de seu corpo e fasenda todo quanto quisese e súa võtade fose, / sen pena4 njgũa. E a dita Dominga diso que, poys así era súa võtade, que / leuase o cárrego delo sobre súa alma4, e que lle prasía e255 que así mjsmo / lo soltaua ao dito Ferrnand Mjgelles e se quitaua del para que fosẽ libres / e quitos hũu do outro e o outro do outro; e prometerõ amas ditas partes / de nõ acusar hũu a outro so pena4 de çent4 florĩs d'ouro para a parte a/cusada; do qual diserõ que outorgauã dúas cartas firmes e fortes, / quaes en esta rrasõ más firmes se podesẽ faser256, feytas en hũu / thenor4, para cada hũu deles a súa, e aos presentes rrogauã que fosẽ testigos; / do qual forõ testigos: Ferrnando de Catoyra e Gomes de Rribademar, juís, / e Diego Maseda, moradores en Rriãjo. //

__________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
254. Despois está riscado sab.
255. Despois está riscado o.
256. Despois está riscado pa
.