GMH/ÍNDICE A-Z

511
1350séc. XIV, segunda metade
foro

Os clérigos do coro afóranlle a seis voces a Gonzalo Pérez, clérigo do coro, un pardiñeiro, coa súa pedra, tella e madeira, na rúa das Chousas por 3 mrs.

ACOu, Clérigos do Coro, 37

Sabbeam quantos esta carta (...) Peres capellan de Santa Maria a Madre e Johan (...) et Gomez Gerra dobreiros e Johan (...), Lourenço Martines moordomo da dita universidade (...) pressentes e outorgantes e todos juntados (...) Madanella, damos e outorgamos a foro a vos Gonçalvo Peres ... clerigo do coro da igleia d’Ourense nosso conpañeiro, en vossa vida et a seys vozes apus vossa morte assy que vos a tenpo (...) finamento ou en vossa vida nomeedes a primeira voz et a primeira voz nomee a segunda et a segunda nomee a terçeira et a terçeira nomee a quarta e a quarta nomee a quinta e a quinta nomee a sesta et assy vaan nomeadas huna en pus outra suçesive et se non foren nomeadas que seian vozes o que erdar os vossos beens de dereito, huun paradeyro con sua pedra e con sua tella e madeyra que está en Ourense na rua das Chousas, o qual parte da huna das illargas pela congostra que vay da rua das Choussas para Penna Vigia et da outra illarga parte pela cassa de Sam Lazero en que mora Roy (...) et ten as portas na dita rua publica. Afforamos vos o dito paradeyro con sua pedra e tella e madeira e con sas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças por tal condiçon que façades y cassa et a moredes por vos ou por outre et a mantenades en maneira que non desfalesca por mao paramento. Et dedes ende de foro cada anno en salvo aa dita universsidade dos ditos clerigos do coro por dia de Santa Ouffemea do mes de setenbro tres mor. de diñeiros brancos de dez diñeiros o mr. (...) outro enbargo. Et se vos ou cada huna das ditas voses quisserdes vender, deytar ou supinorar a dita casa que primeiramente frontedes con ella aos procuradores pelo tenpo foren da dita universidade et lla dedes porlo justo preço que outre por ella der, et se a elles non quisseren que enton a vendades, deytedes ou supinoredes a atal pessoa que seia semelavil de vos que pague e conpra e agarde as condiçoens sobre ditas e cada huna dellas segundo que vos sodes tiudo de faser. Et he posto que non ponades universario nen çensso nen tributo ninhuun sobrela dita casa salvo aos ditos clerigos do coro. Outrosy he posto que non seia tomada nen enbargada nen obrigada por devedos nen por moedas nen serviços nen fonsadeira nen tallas nen por outros peytos ninhuuns que seian. Et se pela ventura estas coussas sobre ditas ou cada huna dellas foren postas sobre a dita cassa que nos os ditos clerigos a possamos tomar e reçeber por nossa autorydade para a dita universsidade sen outra monuçon ninhuna et afforalla a quen quissermos. Et obrigamos os beens da dita universsidade para que vos e as ditas voses seiades anparados e deffesos a dereito con o dito paradeyro que vos afforamos commo sobre dito he. Et eu o dito Gonçalvo Peres que soon presente por min e polas ditas voses assy reçebo de vos os ditos clerigos o dito paradeyro que me afforades pela maneira e condiçoens \sobre ditas/. Et para faser y cassa et para pagar o dito foro dos ditos tres mor. cada anno ao dito termino e conprir e agardar as condiçoens sobre ditas e cada huna dellas obrigo a vos todos meus beens tanben eclesiasticos commo seglares gaanados e por gaañar. Et he posto ontre nos as ditas partes que a parte de nos que contra esto passar e o non quisser conprir e agardar que peyte aa outra parte que en ello quisser estar e o quisser conprir e agardar (...) nome de penna çen mrs. de diñeiros brancos e aa vos del rey outros tantos et a dita penna pagada ou non esta carta e afforamento sobre dito fique firme e valla no dito tenpo (...) passou as ditas partes pidiron a min dito notario que lles desse (...) nome. Feyta a carta en Ourense, viinte e tres dias de (...) era de mill e q(...) annos. Tests. que a esto foron presentes Ruy (...) Dias raçoeiro d’Ourense, Estevo Gonçalves alffayate (...).

[reverso] Carta da casa que ten Loys Qarança canonygo.