GMH/ÍNDICE A-Z

E1-5
1436, abril, 15
Ordenanza municipal que confirma que se o dono dunha viña atopase de noite nela un animal podería matalo e se fose de día deberá entregalo ao Concello, debendo o propietario do animal pagar a multa e os danos causados. (fols. 2v-3)

Ordenança das bestas que acharen ennas viñas de noyte.

(A oyto dias)* a dez a quinse dias do mes de abril, foy ordenada e confirmada a ordenança das bestas porlos ditos Loys Gonçalves e Afonso Anriques juises et por Alvaro Afonso et Gomes de Chantada rejedores et por (fol. 2v)
Afonso de Meende procurador do dito conçello, que por quanto as personas que tinan bestas as deytavan ennas viñas aleas et fasian moyto mal e dapno con elas ennas ditas viñas et non se quería castigar, do qual viña moyto dapno aos vesiños da dita çibdade, por ende que confirmavan a ordenança que sobre elo estava ordenada, en tal maneira que qual quer persona que de noyte achase a besta em sua viña des oje este dito día en deante ata vendimia fora, que a matase sen penna alguna e non fose tiundo de pagar por tal besta preço nenhun et se a achase de día que a trouxese a corte et pagase o dapno a seu dopno e a penna aos couteiros etç., sobre lo qual se logo deu pregon porla dita çibdade. Tests. Gomes Ares, Alvaro de Seqeros, Gonçalvo Rañooa.