GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de feudos e Documentacion medieval AHDS

3
1341, junio, 14. — Rocha Fuerte

Don Martin Fernández, arzobispo de Santiago, concede, mientras fuese su voluntad, a su sobrino Andrés Sánchez de Gres, caballero y pertiguero mayor de la tierra de Santiago por don Pedro Fernández de Castro, en terraria y siempre que permaneciese fiel y obediente vasallo, las feligresías de Santa Marina de Zebra, Santiago de Lobrosan, San Lorenzo de Villatuge, Santiago de Ansian, Santiago de Grisande, San Pedro de Doade, San Fiz de Villameao, San Juan de Botos, Santa María de don Ramiro, y la mitad de las de San Miguel de Grexios, Santa María de Felgeira, San Lorenzo de Muimenta, Santiago de Breixo, San Marín de Negreiros, Santo Tomé de Parada, Santa María de Sanguinedo y San Martín de Maceira. Estas feligresías las había tenido otro sobrino del arzobispo, Vasco Fernández de Rodeiro, y la concesión quedaba condicionada al nacimiento de un hijo de este último, pues al parecer la viuda estaba embarazada.

A. — Santiago. A.H.D. Leg. 45, fol. 9. Perg. 30 x 22 cms.
B. — Copia hecha por el notario Jácome García el 21 de marzo 1589, en papel, en el mismo legajo, fol. 12-13.

Sabean todos, que nos don Martiño, por la gracia de Deus e da Santa lglesia de Roma, arçobispo de Santiago, capellan mayor del rey, chançeller e notario mayor do Reyno de Leon, por fazermos ben e merçẽ a vos, Andreu Sanches de Gres, noso sobrino, cavaleyro e nosso pertigeyro maior da terra de Santiago por dom Pedro Fernandes de Castro, damos a vos que tenades de nos e da nossa Iglesia de Santiago, en terraria, en quanto for nosa voontade e vos fordes noso fiel vassalo e obediente a nos e aa dita nossa Iglesia de Santiago estas frigesias que Vaasco Fernandez de Rodeiru, noso sobrino e voso primo, que foy e tina de nos en terraria, conven a saver: Santa Mariña de Zebra, Santiago de Lobroçan, San Lourenço de Villatuge, Santiago d’Ansyan, Santiago de Grisande, San Pedro de Doade, San Fiis de Villameao, San Johan de Botos, Santa Maria de don Ramiro, a mea da frigesia de San Migel de Grexios, Santa Maria de Felgeira, San Lourenço de Muymenta, Santiago de Breyxo, San Martino de Negreyros, San Tome de Parada, Santa Maria de Sanguinedo et San Martino de Maceyra et dizemos e mandamos, so penna de çen marabedis de boa moneda, a todos e a cada hũu dos moradores desas fregesias e terras sobreditas e de cada hũa delas, que respondan e recudan ben e conpridamente a vos Andreu Sanches, con todas llas rendas et dereyturas et perteenças dellas e de cada hũa dellas, ou a quien lles vos mandardes, todavia con esta condiçon: que fique agardada en salvo, se aquaeeçer que Sancha Rodriguez, moller que fuy do dito Vaasco Fernandes, que dizen que ficou prennhe del, ouver fillo do dito Vaasco Fernandes, nos o arçobispo damos e outorgamos a esse fillo do dito Vaasco Fernandes, as ditas frigesias que as tẽna de nos e da dita nossa Iglesia de Santiago en terraria en quanto for nossa voontade e el for nosso fiel vasallo e obediente a nos et aa dita Iglesia de Santiago. Et queremos e mandamos que entre tanto ata o tenpo que esse fillo do dito Vaasco Fernandes naçer, e que el vẽer a ydade a tenpo de quinze años, que vos, Andreu Sanches tennades et husedes as ditas frigesias e terrarias de suso [ditas e levedes as rendas] e dereyturas dellas e chegando esse fillo do dito Vaasco Fernandes ao dito tenpo dos ditos quinze años, queremos et mandamos a vos, Andreu Sanches, que entreguedes e leixedes, enton, as ditas frigesias e terrarias de susoditas, ao dito fillo do dito Vaasco Fernandes e et de Sancha Rodriguez, [sua moller, brebemente] e sen condiçon e sen enbargo nenhũu de vos, Andreu Sanches, e doutro nenhũu et dizemos e mandamos, so a dita pena a todos [e a cada hũu dos moradores desas fregesias e terras] sobreditas que respondan e recudan ben e conpridamente des enton endeante ao dito fillo do dito Vaasco e Sancha Rodriguez ou [a quen lles el] mandar con todas llas rendas e dereyturas e perteenças dellas. E se esse fillo de Vaasco Fernandez non ouver fillo ou morrer ante do dito tenpo dos ditos quinze anos, nos o arçobispo damos e outorgamos as ditas fregesias e terras sobreditas en terraria a vos [Andreu Sanches] en toda vosa vida, et despoys vosa morte damoslas e outorgamoslas en terraria a voso fillo Ruy Sanches ou a outro voso fillo, leygo que ficar depoys se este Ruy Sanches non for vivo ao aquel tenpo con toda aquella outra terra que vos e o dito vosso fillo agora tẽedes de nos e da dita nossa Iglesia de Santiago que as tenna de nos e da dita nossa Iglesia de Santiago et aian e leve as rendas e dereyturas dela en quanto el for fiel vassalo e obediente a nos e aa dita Iglesia de Santiago. Et que esto seia certo, esta carta vos mandamos fazer e aseellar con noso seello. Dada en Rochaforte quatorze dias do mes de juyo, era de mill e tresentos sateenta e nove años.
Payo Eanes por mandado do señor arçobispo.