GMH/ÍNDICE A-Z

2
1433, marzo, 21

Lopo Nunes de Barragaans, morador na freguesia de San Pedro de Campañó, desembarga a Juan de Durán, morador na freguesia de Santa Comba de Bertola tódolos bens que lle deixara Juan da Pedreira, morador en Vilaboa, salvo os que lles pertencen a él e ós seus irmáns como parentes máis próximos.

(ff. 2-3)

Viinte et vn dias do dito mes de março. Sabean todos que eu Lopo Nunes de Barragans, morador ẽna fiigresia de San Pedro de Canpaño, que soo presente et que fazo por min et en nome de Ynes Domingues et Nuno, meus yrmãaos, dos quaes me obligo conprir et satisfaser por min et por meus bẽes que eles ajan esto aqui adeante contiudo por firme para senpre, et por mias boses et suas, quero et outorgo que por quanto a vos Juan Duran do Outeiro, morador ẽna fiigresia de Santa Coonba de Bertola, que sodes presente, foy mandado por Juan da Pedreira, morador en Vilaboa, todas las herdades, casas et casares et plantados et villas et todos los outros bẽes que o dito Juan da Pedreira avia et vos los reçeades que vos sejan ocupados por min ou por los ditos meus yrmãaos por quanto eles et eu eramos et somos os parentes mas propincos que o dito Juan de Pedreira // avia. Et eu soube et soo çerto que por eso non deviamos de aver os ditos bẽes, herdades pois que por lo dito Juan da Pedreira, defunto, vos foran et eran mandado. Por ende por min et en nome dos ditos meus yrmãos, de mia livre et propia voontade, como dito he, por min et en nome deles vos desenbargo todos os ditos bẽes que vos asi foron et son mandados por lo dito Juan da Pedreira et quero et outorgo que sen seu enbargo et meu os posades aver et herdar quedando a salvo a min et aos ditos meus yrmãaos as herdades et plantados que nos pertesçen et son nosas de nosa tronquidade, que eso mesmo vos teendes por nos de que a min por min et en nome dos ditos meus yrmãos destes et pagas os foros et rendas deles que eles renderon dos tenpos et anos pasados, de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa boontade et renunçio a toda exençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del et por ende quero et outorgo que vos o dito Juan Duran e bosas boses sen meu enbargo et dos ditos meus yrmãos et de nosas voses, posades faser das ditas herdades casas, casares et plantados et viñas et outros bẽes que vos asi mandou o dito Juan da Pedreira toda vosa voontade como de vosa cousa propia. Et demais quero et outorgo que seendo vos ocupados os ditos bẽes et reises que vos asi foron mandados por lo dito Juan da Pedreira por los ditos yrmãos ou por outra persona algũa que eu que tome cauçon por vos que vos quite delo a pas e a salvo asi deles por rason dos ditos bẽes como por rason dos que asi de bos resçibi por min et en nome deles para o qual todo asi teer et conprir et aguardar, obligo a elo a min mesmo et a todos meus bẽes movles et reises e so pena de çinco mill maravedis de boa moeda que vos etc.

Et a pena etc. todavia etc.

Et eu o dito Juan Duran, que soo presente // por min et por mias vozes asi o resçebo.

Feita a carta ẽna villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobreditos. Testemoyas que foron presentes: frey Afonso de Vilares, monje de Poyo. Juan de Vergante, labrador, et Pero Pedreiro, mareante et outros.