GMH/ÍNDICE A-Z

49
1433, xullio, 25

O mosteiro de San Juan de Poio afora, para sempre, a Fernando Afonso de Vascoes e a sua muller Maior Eanes, tódalas propiedades que ten no Barral de Vascoes, por foro de 4 celemíns de pan anuais.

(ff. 21 v-22)

Viinte et çinco dias do dito mes. Sabean todos que nos don Afonso Garçia, abade do mosteiro de San Juan de Poio et frey Juan ESteves, prior caustral do dito mosteiro, et frey Alvaro et frey Afonso de Vilares et frey Afonso d´Andamoyo et frey Rodrigo de Ouviña et frei Gonçalvo de Tebra et frei Juan de Dorron et frey Fernando de Deça, monjes do dito mosteiro de San Juan de Poyo, que a esto aqui adeante contiudo somos ajuntados en noso cabidoo dentro ẽno capitolo do dito mosteiro por tajemento de canpãa, segundo que avemos de uso et de costume, aforamos et damos en aforo, deste dia de San Martiño do mes de novembro primeiro que ven endeante para todo senpre, a vos Fernando Afonso de Vasquoes et a vosa moller Mayor Eanes et a todas bosas vozes et suas, todas las herdades, casas, casares et chantados et bouças que nos, o dito mosteiro et convento del, avemos et nos perteesçen ẽno barral do Vascoes por la ovença da mostearia do dito mosteiro, aforamosvos por senpre as ditas herdades, casas, casares et chantados et arvores, ondequer que elas vãa ẽno dito barral, et ao dita mosteiro et convento del perteescan por rason da dita ovença, so tal via et maneira, que lavredes todas las ditas herdades et as procuredes et requirades et tenades çertas et manifestas et quaes et quantas son et fazerdes delas et en elas viña ou outro qualquer auto que quiserdes, et devedes de dar a nos et ao dito mosteiro et convento del et a nosos subçesores por aforo, renda, censo, conosçemento, das ditas herdades, casas, casares et chantados en cada un ano, en salvo, sen desconto algũu, quatro çeramis de pan, medio millo et medio çenteo, linpo de poo et de palla, medido por la medida dereita da praça da dita villa de Pontebedra, o qual devedes pagar // por cada día de San Martiño ao ovençal que for da dita ovença (manchado e ilexible) et convento del nen nosos subçesores non vos devemos de toller nen tirar este dito aforamento por nos (ilexible) et despos vos et a dita vosa moller et vosas vozes (ilexible) nen por al tanto que vos outro de, nen por lo tanto nen por disermos et alegarmos (ilexible) bees co dito mosteiro et convento del que vos a elo obligamos, et so pena de mill maravedis de boa moeda que outorgamos de vos dar et pagar de pena nos et o convento do dito mosteiro ou nosos subçesores, se o asi non tovermos, conpriremos et contra elo vieremos, et eu o dito Fernan Afonso, que asi soo presente et que faço por min et por la dita mia moller et nosas vozes, asi o outorgo et resçebo este dito aforamento por las maneiras et condiçoes sobreditas, et prometo et outorgo que eu et a mia moller et nosas vozes o teinamos, conprimos e pagemos asi aa boa fe de Deus et sen mão engano et por min et por meus bẽes et seus que a elo obligo so a dita pena, et a pena pagada ou non esto, como dito he, este senpre firme; feito o estromento no dito mosteiro ano, dias, mes sobreditos. Ts. que foron presentes Juan Maceyro, escudeiro de Pero Ares d´Aldãa, et Ruy Cacharron, mareante, et Fernando, criado de min, notario et outros. Feita.