GMH/ÍNDICE A-Z

7
1371, agosto, 10. — Melide

Don Rodrigo de Moscoso, arzobispo de Santiago, concede a Alvar Páez, hijo de Fernán Yáñez de Sotomayor, en terraria, por los servicios prestados al prelado y a la Iglesia de Santiago, las feligresías de San Lorenzo de Fornelos, San Félix de Forraçaos, Santa María de Barbudo, Santa Marina de Insoa, Santa Marina de Tourón, Santiago de Taboadelo, San Martín de Justanes, Santa Marina de Bora, Sta. María de Mourente, San Miguel de Marcon, San Pedro de Tomeza, San Andrés de Lourizán, la mitad de las de Santa María de Ardán, Santa María de Cela, Sta. María de Beluso, San Cibrián de Aldán, San Salvador de Coiro con la renta de la iglesia de Tirán, y San Andrés de Ois y toda la feligresía de San Martín de Moaña, Santa Marina de Fraga, San Miguel das Fragas, Santa Marina de Viso, San Pedro de Cesantes, San Salvador de Louredo, Santa Baya de Mos y de Torroso. La cesión se hace por la vida de Alvar Páez y dos voces, siempre que sean vasallos fieles y obedientes.

C. — Santiago. A.H.D. Leg. 45, fol. 14. Perg. 30 x 47 cms. Copia hecha por el notario Juan Fernández, el 1 de febrero de 1396. De donde hizo el traslado el notario Francisco Fernández, a petición del arzobispo Alonso de Fonseca.

Sabean quantos esta carta viren como nos, don Rodrigo, por la graça de Deus e da Santa Igllesia de Roma, arçobispo de Santiago, capellan mayor del rey, chançeller e notario mayor do Regno de Leon, por fazeremos ben a merçed a vos Alvar Paez de Souto Mayor, noso vasalo, fillo que fostes de Fernan Eanes de Soutomayor, cavaleiro, e por moyto serviço que o dito Fernan Yanes senpre fez aa Igllesia de Santiago e aos arçobispos que y foron por los tenpos, e outrosi por moyto serviço que vos, o dito Alvar Paez, fezestes aa dita nosa Igllesia de Santiago e a nos, e fazedes de cada dia, damosvos e outorgamos, por todo tenpo de vosa vida e apos vosa morte por tenpo de vida de duas vozes, hũa apos outra, que sejan vosos fillos ou fillas liidemos, e non avendo fillo o filla liidemos, que seja voz aquel que de dereito herdar o casal de Soutomayor apos vosa morte, para que tenades de nos e de nosa Igllesia de Santiago e de nosos subçesores, en terraria, estas feligresias que se siguen; conven a saber: a feligresia de San Lourenço de Fornelos, San Fiinz de Forroçaos, Santa Maria de Barbudo, Santa Marina da Ynsoa, Santa Maria de Touron, Santiago de Taboadelo, San Martiño de Justãas, Santa Mariña de Bora, Santa Maria de Mourente, San Migẽel de Marquon, San Pedro de Tomeça, Santo Andre de Louriçãa con Testal, a meatade das feligresias de Santa Maria d'Ardan e de Santa Maria de Cela e de Santa Maria de Beluzo e de San Cibrãao d'Aldãa e de San Salvador de Coiro, con a renda da Igllesia de Tirãa e de Santo Andre dóyo e toda a feligresia de San Martiño de Moaña e de Santa Marina da Fraga e de San Migẽel das Fragas e de Santa Maria do Viso, San Pedro de Cesantes, San Salvador de Louredo, Santa Baya de Mõos, a feligresia de Torroso, segundo que esta ditas felegresias tiiña e vsava o dito Fernan Eanes, voso padre, e as quaes vos damos e outorgamos a vos e aas ditas vozes, ou ao que for sennor do casal de Soutomayor apos vosa morte, como dito he, con tal pleito e condiçon: que vos en vosa vida e as ditas vozes depos vosa morte, sejades fiẽes vasalos e obedientes e mandados nosos e da dita nosa Igliesia de Santiago e dos arçobispos que por los tenpos foren na dita Igllesia de Santiago depois de nos, e que vañades a mandado noso e dos arçobispos da dita Igllesia que foren por los tenpos, quando e cada que vos enbiaren chamar e cunplades e obedeescades nosas cartas e mandados e da dita Igllesia, e outrosi que sirvades por las ditas feligresias e terrarias, segundo que o dito voso padre servia por eles aos arçobispos que foron por los tenpos en sua vida; et as quaes feligresias sobreditas vos damos e outorgamos con todas las rendas e sennorios e terrarias delas e de cada hũa delas, e con todas suas dereituras que lles perteesçen e perteesçer deven en qualquer maneira, segundo que as o dito boso padre tiinna e levaba e dizemos e mandamos, en vertude de obediençia, e so pena descomoion e de seisçentos mrs. da boa moeda cada hũu, aos moradores das ditas feligresias e de cada hũa delas, e pobladores que ben e conplidamente vos recudan e faça recodir con todas las rentas e terrarias e dereituras que aas ditas felegresias e cada hũa dela perteesçen e perteesçer deven, e que eles deven e son theudos de dar e pagar segun que mellor e mais conpridamente recudiron ao dito Fernan Eanes de Soutomayor, voso padre en sua bida e ata tenpo de seu finamento e bos ajan e reçeban por sennor e terreiro delas e de cada hũa delas en nome e en voz nosa e da dita nosa Igllesia de Santiago. E porque esto he verdade, que non venan en dulda, mandamos ende dar ao dito Alvaro Paez, esta nosa carta seelada de noso seelo enpendente e firmada de noso nome. Feyta ẽna nosa villa de Milide, diez dias de agosto, era de mil1 e quatroçentos e nove años. Rodericus archiepiscopus compostellanus. Eu Diego Yanes, notario, de mandado do dito sennor arçobispo, o fiz escripvir.
Este he o traslado da dita carta do dito arçobispo don Rodrigo escripta en pulgameo de coyro e seelada en pendente do seu seelo grande e firmada de seu nome, segun en ela dezia e per ela paresçia, e a qual eu Johan Fernandez, notario publico jurado da villa de Pontevedra vy e lii e aqui ben e fielmente fiz trasladar de verbo a verbo per autoridade de Fernan Nunes, juiz ordinario da villa de Pontevedra, que deu para esto, o primeiro dia de fevereiro, anno do nasçemento de Noso Sennor Ihesu Christo de mill e trezentos e noventa e seis annos, estando presentes por testemoyas, Nuno Garçia de Vigo, seu sobrino, Nuno Garçia, Johan Fernandes e Miguel Martines, clerigo de Loyo, e Fernan Duran, scripvan e Fernan Peres, home do dito juiz e outros, e ponno aqui meu nome e signal, que tal he.
Eu Francisquo Fernandes, notario publico jurado da villa de Pontevedra e do moesteiro de San Johan de Poyo, coutos e lugares del por lo señor arçobispo e Igllesia de Santiago, este sobredito traslado da sobredita carta do dito señor don Rodrigo, arçobispo que foy de Santiago, que paresçia seer sacado do propio original, saquey das notas publicas e abtenticas que pasaron per ante Johan Fernandes, notario que foy da dita villa de Pontevedra, meu anteçesor que foy, a qual dita carta paresçia seer abtorizada per ante el e per ante Fernan Nunes, juiz ordenario aa sazon da dita villa de Pontevedra, e a qual aqui saquey en esta publica forma, segundo que o achey ẽnas ditas notas. E para as quaes notas eu asi saquar e tornar en publica forma, eu ey poder e abtoridade do sennor arçobispo e Igllesia de Santiago, e por ende o escripvi e o dey ao muy reverendo yn Christo, padre e señor don Alfonso de Fonseca, arçobispo de Santiago, que mo pedeu para gardar do dereito da dita sua Igllesia e seu, en seu nome, e aqui meu nome e signo puge en testemoyo de verdade (signum).

Materias

cabaleiro; chancelaría; chanceler; couto; décimos; escudeiro; excomuñón; familia; feudo; fidalgo; fillo; fisco; freguesía; mandamento; manual; marabedí; mercé; mesa arcebispal; mosteiro; notario maior; pai; pena; pergamiño; preito homenaxe; rei; rexistro; selo; sobriño; terraria; tío; título; traslado; tributos; vasalo; xurisdición; capelán

Persoas

Diego Eáns, notario; Xoán Fernández, notario; Afonso de Fonseca, arcebispo de Santiago de Compostela; Álvaro Páez de Soutomaior, fidalgo; Fernando Durán, escribán; Fernando Eáns de Soutomaior, cabaleiro; Fernando Núñez, xuíz de Pontevedra; Fernando Pérez; Francisco Fernández, notario; home do xuíz; Miguel Martínez, crego; Nuno García de Vigo; Xoán Fernández; Roi Sánchez de Moscoso, arcebispo de Santiago de Compostela

Outros

León, reino; Pontevedra, concello; San Xoán de Poio, mosteiro; Santiago de Compostela, arcebispado

Lugares

Aldán, San Cibrán; Ardán, Santa María; Beluso, Santa María; Bora, Santa Mariña; Castro Barbudo, Santa María; Cela, Santa María; Cesantes, San Pedro; Coiro, San Salvador; Forzáns, San Fiz; Fragas, San Mig?el; Hío, Santo André; Insua, Santa Mariña; León, reino; Louredo, San Salvador; Lourizán, Santo André; Marcón, San Miguel; Melide; Moaña, San Martiño; Mos, Santa Eulalia; Mourente, Santa María; Piñeiro, San Mamede; Poio, San Xoán, mosteiro; Pontevedra; Roma; Santiago de Compostela, arquidiocese; Soutomaior; Taboadelo, Santiago; Testal; Tirán, San Xoán; Tomeza, San Pedro; Torroso, San Mamede; Tourón, Santa María; Vigo; Viso, Santa María; Viso, Santa María; Xustáns, San Martiño