GMH/ÍNDICE A-Z

136

1407, novembro, 22. Vilamaior-Mondoñedo.
Arrendo que o bispo don Álvaro de Isorna e o Cabido lle fixeron a Nuño Freire de Andrade dos coutos de San Martiño de Porto, preto de Pontedeume, de San Mamede de Oleiros, en terra de Montenegro, e Montouto, preto de Labrada.
A, perg., con dobre signo notarial, de 272 x 289 mm. Letra semigótica.
Ref.: flórez, vol. xviii, p. 187.

Sabam quantos esta carta birem commo nos don Aluaro de Ysorna por la graça de Deus et da santa Iglesia de Roma bispo de Mendonedo oydor enna / audiençia de nosso sennor el rey seendo en cabidoo con as persoas et coengos da nossa iglesia de Mendonedo que presentes son abendo / entre nos trautado primeiramente segundo o dereito require et arrendamos et damos en çensso a uos Nunno Freyre d-Andrade fillo de Pedro Fernandes d-Andrade / que foy para en todo tenpo de uossa bida conuen a saber que uos arrendamos os nossos coutos de San Martinno do Porto que he açerca da Pontedeume / en terra de Besancos et de San Mamede d-Oleiros que he en terra de Montenegro et de Moutouto de Bondanne que he açerca da nossa terra / de Laurada et Fanoy con todas las rendas et outros dereitos quaesquer et herdades que aos ditos coutos et a qualquer deles perteesçen et que nos / y abemos en qualquer maneira et abedesnos a dar por çensso et reuerença dos ditos lugares en cada un anno treçentos mor. de moneda / uella de des dineiros uellos ou seis coroados bellos por mor. ou real de prata de conto et de peso por tres mor. qual nos ante queser/mos en pas et en saluo enna nossa çibdade de Villamayor por dia de San Martinno et auedes de ser nosso uasalo et da dita nossa iglesia de / Mendonedo et seruir a nos et a nossos subçesores assy commo bon uassallo deue seruir a sennor et percurar todas las cousas que uos / entenderdes que son prol et onrra de nos et da dita nossa iglesia et de nossos subçessores et non deuedes defender nen anparar os clerigos / nen rendeiros et prestameiros de nosso bispado que se nos alçen con as tallas nen pedidos que nos lançarmos nen jasen lançados ennas / iglesias do nosso bispado para qualquer cousa ata aqui ou foren daqui endeante. Et eu Diego Martines de Pantin procurador do dito Nunno Freire assy / reçebo et outorgo que o dito Nunno Freyre faça pagar de todos los clerigos moradores en seu sennorio et terra et que me ame et ajude a de/fender ao dito sennor obispo et a sua iglesia contra quenquer et de quenquer que lles queser faser mal et dapno a todo seu poder saluo ende / contra aquel sennor con que el biuer et non o fasendo assy nen gardando as ditas condiçoes que perga os ditos coutos et herdades et todas / las outras cousas que teuer do dito sennor obispo et da dita sua iglesia. Et o dito sennor obispo outorgou de lle non tirar os ditos coutos / de o dito Nunno Freyre et de sua uos. Et o dito sennor obispo diso que asy outorgaua os ditos coutos et o dito Diego Martines disso / que assy reçebia en nome do dito Nunno Freyre. Et desto mandaron faser dous contrautos por los notarios juso scriptos que foron feitos xxii dias / de nouenbro anno Domini mº ccccº viiº. Testemoyas que foron presentes os sobreditos do dito cabidoo et Afonso Fernandes raçoeiro Lopo do Caruallal escudeiro do / dito Nunno Freyre et outros.
Et eu Johan de Sayoane coengo enna iglesia de Mendonedo notario publico jurado dado por la autoridade / apostollical ao que dito he con os ditos testemoyas et notario juso scripto presente foy et este instrumento escriuy et en el / puge meu sinal que tal he en testemoyo das cousas sobreditas rogado et requerido (Signo).
Et eu Johan Ramos coengo et notario da iglesia de Mendonedo a esto que dito he con as ditas testemoyas et con / o dito notario de susoescritas presente fuy et este instrumento enna minna presençia fis escriuir et aqui puge meu signal en testemoyo de uerdade que tal he rogado et requerido (Signo).

(Reverso):
B. 71. M. x. n. 16. Carta dos coutos que Nuno Freyre ten rendados da iglesia de Mendonedo.