GMH/ÍNDICE A-Z

1151
1463, xaneiro, 8. Lugo

Testamento de Roi Domínguez, zapateiro, (incluído en 1468-IV-21 Lugo, CD nº 1183).

MADRID, AHN, Cód. 419 B, fs. 36 v.- 37 r.
   

En o nome de Deus amen. Saban quantos esta carta de testamento viren como eu Ruy Domingues, çapateyro, besino et morador en a çiudade de Lugo, iasendo doente et temendome de morte porque toda persona ha de passar, pero con todo meu siso et entendemento complido, qual Deus tevo por ben de me dar, faso et ordeno esta mina manda et testamento para que valla et seia valiosa despois de meu finamento. Primeiramente item mando a mina alma a o meu senor Jhesu Christo que a criou et conprou por lo seu justo santo sangre preçioso, et rogo a a Virgen Maria, sua madre, que lle queyra por min rogar et seer mina avogada que me queyra perdoar os meus pecados. Item mando o meu corpo sepultar açerca da porta prinçipal de Santa Maria de Lugo en o çimiterio et adreo, que esta escontra os Fiees de Deus, onde ias meu padre. Item mando que me façan et digan minas vigilias et minas onrras et oytaval et façan mina sepultura et oferta et maravedis et medio ano et ano acabado, segundo que todo viren meus complidores que pertesçe a meu estado. Item mando a as a as (sic) cofradarias de Santa Catalina et de San Bertolameu et de San Miguel et de San Sebastian a cada huna quatro maravedis. Item mando a Trindade et a a lampaa da Virgen Maria et de San Martin con cada huna quatro maravedis. Item mando que deyten sobre sobre min pano de color perteesçente. Item mado a Juan, meu criado, huna capa de pano pardo et hun saquillo morilla. Item mando a Vasco Garçia o meu saquillo claro et o gibon con el. Item mando que me digan trintario de missas en a dita iglesia de Santa Maria por la mina alma et de aquelles a que eu soo obligado. Item mando mina muller, Aldara Vasques, a mina parte da enbotoadura graadiça que ten Fernan de Sayoane. Item mando a dita Aldara Vasques, mina muller, que aia et leve as rendas et froytos de todas las casas et herdades que a min perteesçen por meu padre et por conpras et gaanças, mentre ella estever por casar et amigar. Item mando que vas hun home en romaria a Santa Maria de Guadalupe et outro home a Santa Maria de Franqueyra. Item mando que den a Ruy da Porreyra pano para hun saquillo de morilla. Item mando que me digan hun aniversario en cada hun ano por dia de San Bartolomeu por la mina parte das casas da Porta Minaa, et que o pague meu herdeyro de cada ano para sempre en a dita iglesia de Lugo. Item me deve Lopo de San Viçençio oyteenta pares de brancas. Item me deve Afonso Peres Malguesa çen pares de brancas et hun par de odres. Item me deve Juan Lopes Lorreiro, morador en Lamas, quarenta et çinquo maravedis, et seu yrmao, Ares Lopes, quatorse maravedis, et Juan Boreio viinte et dous maravedis. Item trago en casa da filla do dito Juan Borreiro huna vaca con dous veserros. Item trago en casa de Diego de San Pedro quatro vacas afilladas et outra por afillar. Item trago en Castro de Meylan outra vaca. Item trago con Pedro do Carvallar outras duas vacas afilladas et hun almallo.

Estas son as devedas que eu devo: item primeyramente devo a Pedro Ares de Castro mill pares de brancas que me prestou. Item devo a Fernan da Iglesia mill et quinentos pares de brancas. Item devo a Juan Ares de Villarbeente, çapateyro, dous mill pares de brancas menos çento. Item devo a Fernan de Sayoanes, peliteyro, dusentos et çinquoenta pares de brancas por hun pelote claro con sua enbotonadura de graadiça. Item devo a Juan Lopes, mercador, seys doblas de ouro por hun copete chao de bolos en bayxo o qual he de Aldara Rodrigues de Castello, sogra de Ruy Nabal, et deve por el quinentos pares de blancas, et o qual pesa dos onças de prata. Item devo a o fillo do dito Juan Ares, çapateyro, sesenta pares de blancas. Item devo a Juan de Porta, çapateyro, huna dobla de ouro. Item devo outra dobla de ouro a Meestre Gomes. Item devo a Afonsa Yanes do Regueyro çento et quarenta maravedis de moeda vella. Item devo a Afonso de d’Esteris dous terços de seteçentos pares de brancas das minas sobrinas et paguey para en pago çento et sesenta maravedis vellos. Item devo a Gonçalvo de Recesende oyto cornese. Item devo a Ares de Maran huna dobla de ouro. Item devo a Vasco Grama dous rayras de prata. Item leyxo por complidores deste meu testamento, para que o cumpla por lo meu et sen seu dampno, a Vasco Rodrigues, meu sogro, et a Ruy Pedreyro et a mina muller, et a cada huna delles que o por vontade ouver, et os apodero en todos meus bees, moveles et rayses, para que vendan tantos delles fasta que compliren. Et meu testamento complido et minas mandas, sepultura, onrras et exequias et devedas pagas enteramente que quedar de todos meus beens, moveles et rayses, leyxo por meu herdeyro universal a meu fillo, Vasco, et finandose el menor de ydade et sen semeda que todos los ditos meus bees que os benda por lo mays que por elles achare, et a o mays meu propinquo parente que acharen et outra persona de meu linagee et os den et destributan por a mina alma et de aquelles que os gaançaron et a quen eu soo tiudo et obligado. Et revoco et dou por ninguuns todos los outros testamentos et mandas que aia feytas fasta o presente que non vallan, nen fagan fe salvo este que ora novamente faço et todo o en el contiudo, et quero et outorgo que valla como meu testamento, et se non valuer como meu testamento que valla como codiçillo, et se non valuer como codiçillo mando et outorgo que valla asi como mina ultima postremeyra vontade valedeyra para en sempre. Et porque seia çerto outorgo dello esta carta de testamento por ante o notario et testigos iuso escriptos a mays forte et firme que se de consello de leterados se poder faser et notar sobre la dita rason.

Que foy feyto et outorgado en a dita çiudade de Lugo, a oyto dias do mes de janeyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et tres anos.

Testigos que foron presentes: Afonso Garçia et Gonçalvo Fernandes et Vasco Grama et Ares de Castello et Afonso de Saavedra, çapateyros; et Ruy de Castello, vestilleyro.

Materias

peliqueiro; adro; aniversario; bestilleiro; branca; capas; casas; catedral; cativo; cemiterio; censo; confraría; coroado; criado; cumpridor; cunca; débeda; dobra; doente; esmola; esposa; esposo; familia; filla; filla; fillo; gando; herdanza; irmán; lámpada; marabedí; marabedí; menor; mercador; mestre; misa; mosteiro; muller; muralla; orde do Císter; ouro; pagamento; pai; panos; parcería; peregrino; porta; Porta Miñá; prata; real; romaría; roupa; sepultura; sobriña; sogra; sogro; testamento; tío; vaca; venda; vixilia; voda; xenro; xoias; zapateiro; mesa capitular

Persoas

Afonsa Eáns do Rigueiro; Afonso de Astariz; Afonso de Saavedra, zapateiro; Afonso García; Afonso Pérez Malguesa; Aldara Rodríguez de Castelo; Aldara Vázquez; Ares de Castelo, zapateiro; Ares de Marán; Ares López; Diego de San Pedro; Fernando da Igrexa; Fernando de Seoane, zapateiro; Gonzalo de Recesende; Gonzalo Fernández; Lopo de San Vicenzo; Mestre Gómez; Pedro Ares de Castro; Pedro do Carballal; Roi da Porreira; Roi Nabal; Roi Pedreiro; Vasco García; Vasco Grama; Vasco Rodríguez; Xoán Ares de Vilarvente, zapateiro; Xoán Ares, zapateiro; Xoán Borreiro; Xoán de Porta, zapateiro; Xoán López Lorreiro; Xoán López, mercador; Xoán, criado; Roi Domínguez, zapateiro

Outros

Lugo, cabido; Santa María da Franqueira, mosteiro; Santa María de Guadalupe, mosteiro

Lugares

Astariz; Borreyros; Castelo; Castro; Castromill; Fiees de Deus; Franqueira, Santa María, mosteiro; Guadalupe, Santa María, mosteiro; Irexe, A; Lamas; Maran; Porreira, A; Recesende; Regueiro; Saavedra, Santa María; San Pedro; Sant Viçenço; Sayoane; Vilarvente