GMH/ÍNDICE A-Z

758
1376, setembro, 21. Lugo
Carta de poder outorgada polo Cabido de Lugo a favor do deán e chantre.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 19v-20r, incluída en: 1377-III-16, (CD n.º 760).

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo enno coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que o avemos de custume, fasemos et outorgamos nosos çertos et sufiçientes procuradores a don Iohan Affonso, dayan, et a don Gonçalvo Yanes, chantres da dita iglesia, a anbos ensenbra et a cada hun deles in solidum, et damoslles et outorgamos noso livre et comprido poder anbos et a cada hun deles, que por nos et en noso nome et da dita iglesia posan faser avenença et composiçon et anexaçon et quitamento con Iohan Gonçalves, prior de San Martino da Cova, et con o convento dese moesteyro sobre rason de contenda, que o dito prior et convento avian et an connosco, sobre rason do casal de Mourellos que he de nos o dito cabidoo, que eles disen que he seu, et sobresta rason et sobre todas las outras, que nesçesarias et perteesçentes foren a o dito negoçio, damos poder a os ditos nosos procuradores et a cada hun deles que o posan faser et procurar por nos et en noso nome et da dita iglesia, et toda avenença et composiçon et anexaçon et quitamento que sobresta rason feseren con o dito prior et convento nos lo outorgamos et avemos por firme et por estavel para senpre, et prometemos de o non revogar ne yr contra elo en nihun tempo por nos nen por outren, et obligamos os bees da dita iglesia de estar a elo, et que posan eles et cada hun deles sobreste negoçio faser iuramento se mester for. Et porque esto he çerto rogamos a Fernan Peres, notario publico de Lugo, que feçese ende esta carta de procuraçón. Feyta en Lugo viinte et hun dias de setembre, era de mill et quatroçentos et quatorse annos.

Testemoyas: don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; et don Roy Gonçalves, mestrescola; don Diego Gomes, thesoreyro; et os sobreditos dayan et chantre; et Thomas Gonçalves et Fernando Peres et Roy Vasques, coengos da dita iglesia de Lugo; et Alvar Fernandes et Iohan Garçia, raçoeyros dela; et Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo, ts.

Et eu Fernan Peres, notario sobredito publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a todo esto que sobredito he presente foy con as ditas testemoyas et a rogo do dito cabidoo esta carta de procuraçon escripvi et puge en ela meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.