GMH/ÍNDICE A-Z

763
1377, abril, 6. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Martíns e á súa muller e a unha voz unha casa por facer en Palas de Rei por renda anual de catro libras en Nadal.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 96r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayan, et chantre et omes boos da iglesia de Lugo, que presentes somos, seendo enno coro da dita iglesia juntados en cabidoo por campaa tanjuda, segundo que o avemos de custume, outorgamos que damos afforo et avervo a vos Affonso Martiis de Palas de Rey, alffayate, et a vossa muller, Moor Ferrnandes, et a outra perssoa qual nomear o pustrimeyro de vos en sua vida ou a tempo de vosso finamento, a nossa cassa que esta por façer en Palas de Rey en dereyto da cassa de Rojasela do outro cabo a rua, a qual tevo en foro Johan Miguelles de Palas de Rey que foy, con suas entradas et seydas et iures, por condiçon que a façades et reparedes do que esta por faser, et a mantenades en boo estado, et nos dedes vos et a dita perssoa por foro dela, en cada hun anno, quatro libras desta moneda que ora corre por dia de Natal en paz et en salvo en Lugo; et a morte da dita pustrimeyra perssoa que a dita cassa fique feyta et livre et quita a nos et a a dita nosa iglesia con todos los boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu, o dito Affonso Martiis, que estou presente por min et por la dita minna muller et por la dita perssoa assy reçebo o dito vervo et foro da dita cassa de vos, lo dito cabiidoo, et obligo por todos meus bees et seus delles de o comprir et pagar segundo dito he, et porque esto he çerto nos las ditas partes rogamos a Fernando Peres, notario subscripto, que fezesse desto duas cartas en hun tenor a huna enno livro de nos, lo dito cabidoo, et a outra para vos, o dito Affonso Martiis.

Feyto foy esto en Lugo, seys dias d’abril, era de mill et quatroçentos et quinse annos.

Testemoyas que a esto pressentes foron: o dayan, o chantre, o thesoreyro, Tomas Gonçalves, Fernando Peres, Affonso Ferrnandes, coengos; et Johan Garçia, raçoeyro de Lugo, ts., Lopo Peres, porteyro, et Jacome Peres dos aniverssarios, et outros. Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.