GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

219
1334, xullo, 8
rebaixa de renda

O cabido rebaixa 100 mrs. a Xoán de Viduedo dos 400 que debía pagar pola renda de Cenlle.

ACOu, Escrituras XII, 76

Sabean quantos esta carta viren que nos Pero Paez deam d’Ourense e ho cabidoo desse lugar por fazer graça a vos Johan de Viduedo quitamos vos dos quatroçentos mor. de brancos que nos avedes a dar cada anno porlla renda de Çeenlle que de nos teedes arrendada daqui adeante çem mor. de brancos da dita moeda. Et eu Johan de Viduedo para vos o dito cabidoo seerdes mays seguro da qontia dos trezentos mor. que vos aio a dar porla renda dou aynda conmigo mays fiadores e devedores e prinçipaes pagadores, cadahuun porllo todo, Pero Eanes e Marina Eanes moller de Gonçalvo Eanes do Paaço, estes fiadores presentes et outorgantes e obligantes todos seus beens aa dita fiadoria. Et nos o dito cabidoo non renunçiamos por estes fiadores que nos ora dades aos outros fiadores que nos ia ante tiiñades dados, ante os reçebemos estes e aqueles cadahuun porllo todo. De mays eu Johan Eanes obligo a fazer pago a vos o dito cabidoo dos quatroçentos mor. de brancos que eu devo da dita renda da paga que ouver de fazer do anno da era de mill e ccc e seteenta e huun annos. Et destes trezentos mor. deste presente anno da era desta carta e dos duzentos e seseenta mor. que devo a Gonçalvo Rella do anno da era de mill e ccc e sesseenta e oyto annos que vos llos page ata dia de Sam Miguel de setenbro primeiro que ven, senon que vos page por nome de pena e de interese dez mor. de brancos da moeda del rey dom Affonso de que contan dez e seys pares de dyñeiros por tres mor. de cada dia delo dito termino endeante. Et dou a vos conmigo fiadores e devedores et prinçipaes pagadores os sobreditos Pero Eanes e Marina Eanes, esses fiadores presentes e outorgantes et obligantes todos seus beens aa dita fiadoria tan bem para pagar a dita renda e diñeiros commo para pagar a pena se en ela caer. Et nos o dito cabidoo conssentimos ennos fiadores e na obligaçon que nos fazedes por estes dyñeiros sobreditos, mays protestamos que vos non damos prazo por esta qontia que nos devedes de que nos ia ouvestes a fazer pago, mays respondemos de non peñorar os ditos fiadores ata aquel termino. Et os tresentos mor. que nos avedes a pagar daqui adeante porla dita renda que nos vos pagades aos terminos que se conteem na carta da renda, conven a saber por dia de San Martiño e de Santa Maria dagosto, segundo costume do cabidoo. Et para esto assy conprir nos os ditos Johan de Viduedo e Pero Eanes e Mariña Eanes obligamos todos nossos beens gaañados e por gaañar et renunçiamos que nunca contra esto veñamos por nos nen por outre, nen digamos desto o contrario en juyzo nen fora del, et de mays eu a dita Mariña Eanes renunçio aa ley de Valeriano que diz que ninhuna moller non possa fyar. Et desto as ditas partes mandaron a min Affonso Viviaez coengo e chançeler da dita igleia d’Ourense que fezesse ende duas cartas partidas por .a.b.c. Feyta a carta en Ourense, oyto dias do mes de julio, era de mill e ccc e seteenta e dous annos. Testemonyas que presentes a esto foron Gonçalvo Rela cappelan, Affonso Paez, Johan Rodrigues clerigos do coro d’Ourense, Pero Martines clerigo de Santa Locaya, Johan Garçia porteiro do cabidoo.

Et eu Affonso Viviaez coengo d’Ourense e chançeler dessa çidade que a estas cousas sobreditas presente foy e en mia presença as fige escripvir e este meu sinal y puge.

(sinal)

[reverso] Litera capituli.