GMH/ÍNDICE A-Z

237
1339, decembro, 16

arrendamento

Os clérigos do coro arréndanlle vitaliciamente a Pedro García unha viña no Seixo por 9 libras e media.

ACOu, Clérigos do Coro, 63

Conuçuda cousa seia a quantos esta carta viren como nos Pero Martinez e Pero Lourenço procuradores e contadores da universidade dos clerigos do coro, estando a mayor parte dos ditos clerigos presente e outorgante, arrrendamos a vos Pero Garcia lavrador morador en Cima de Villa aa Figueyra na casa que y ten Domingo Eanes clerigo de Santo Osevyo, en vosa vida tan solamente, huna leyra de vina que os ditos clerigos am no lugar hu chaman o Seyxo, a qual vina iaz a sobrella vina que y ten Fern’Eanes dito Dandello e en cima iaz a seara do bispo e entesta na carreyra que vay de Porto Carreyro para o castello. Esta leyra desta vina vos arrendamos con entradas e seydas que a ayades e esfroytedes en toda vossa vida e que a lavredes e ontrechantedes e paredes ben como non defalesca por mingua de lavor e de boo paramento, e a vina he de foro de quinta e livre e quita de todo outro embargo, e que diades dela cada hun ano en salvo aos clerigos do dito coro ou a aquel que por elles ouver de recadar, nove libras e meo de diñeiros brancos por dia de Natal contado quareenta par por tres libras ou a quantia delles se outra moeda veer. Et se vos quiserdes deytar ou enpenorar no vosso tempo que os ditos clerigos seian ante frontados, et se a os clerigos non quiseren reçeber en quanto outre por ela der que vos que a deytedes a atal homme que seia semellavel de vos que pague a dita renda que lles vos avedes a dar en paz e sen outra referta. Et aa vosa morte que a dita vina fique livre e desembargada aos ditos clerigos con todos seus boos paramentos. Et eu Pero Garçia sobre dito recebo en min a dita leyra de vina pelas condiçoens sobre ditas et obligo min e todos meus bees gaanados e por gaanar a pagar e conprir e agoardar todalas condiçoens sobreditas e cada huna dellas su pena de tres mor. cada dia delo termio endeante. Et dou ende fiador Ruy Perez clerigo do coro, esse fiador presente e outorgante aa dita fiadoria. Et tan ben eu commo o dito fiador renunciamos que nunca desto possamos dizer o contrario por nos nen por outre. Et outrossy renunciamos foro, ferias, huso, custume e todallas razoens e excepçoens e deffensoens que por nos poderiamos aver que nos non vallan en juyzo nen fora de juyzo nen seiamos y oydos. Feyta a carta en Ourense, xvi dias de dezenbro, era de mill e ccclxxvii annos. Testemuyas que presentes foron Domingu’Eanes capellan de Santa Ouffemea, Johan de Trella, Ruy Lourenço clerigos do coro e Pero Lourenço e Martin Miguez, Lourenço Gostey, Fernan Perez lavrador.

Et eu Pero Martinez notario jurado na cidade d’Ourense que a esto presente foy e estas cartas por .a.b.c. partidas con miña mao scrivi e meu synal en cada huna dellas puge que atal he en testemuyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta da viña do Seyxo.