GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

200
1331, outubro, 25
toma de posesión

O cabido toma posesión dunhas casas en Cima de Vila e viñas en Rairo, Pena Igrexa e Pontella (Rante), que foron do bispo Gonzalo de Daza, por morte da foreira, Xoana Núñez.

ACOu, Escrituras VI, 1

Era de mill e tresentos e sesssenta e nove annos, viinte e çinqo dias doytubro, de pus jantar. Conuçuda cousa seia a todos que presente min notario, en presença das testimuyas adeante escriptas, Pero Esteveez moordomo do cabidoo d’Ourense et Johan Garçia porteyro do dito cabidoo, reçeberon huna leyra de vina en Moura e hunas casas por tella das ditas casas, e por rama e por terra da dita vina, que o dito Johan Garçia meteo na mao do dito Pero Esteveez en lugar dentregua, a qual vina e casas dezian que o bispo don Gonçalvo Daça conprara de Maria Domingues, et a qual deziam que reçebian e lle Johan Garçia outorgava para o dito cabidoo, por que dezian que o avyam daver por morte de Johanna Nunez, et disseron que por esto reçebian huna vina en Portezelo en termio de Casa Soaa que foy de Miguel Peres, e hunas casas en Çima de villa en que mora Domingo Leal que foron de Pero Eanes, e hunas leyras que foron de Tereija Meendez en termio de Raayro, e huna vina que foy de Fernan Martines que iaz en Penna Igleia, et huna vina e casas que o dito bispo conprou a Johan Pineyra que iazen en Moura que foron de Fernan Perez Carraio, et huna herdade en Rante no lugar hu chaman Pontella que dezian que lles perteençia ao cabidoo por morte de Johanna Nunez. Testimuyas Johan de Bem morador en Valançaa, Johane Meendez e Fernan Rodrigues moradores nas Lamelas.

Este dia e ante estas testimuyas os ditos Pero Esteveez e Johan Garçia reçeberon para o dito cabidoo huna vina e casas que deziam que o dito bispo conprou en Moura de Fernan Carraio, et o dito Johan Garçia meteo a Pero Esteveez na mao da rama e da terra da dita vina en lugar dentregua do dito lugar, e disserom que por esto reçebian as ditas cousas.

Este dia os ditos Pero Esteveez e Johan Garçia reçeberon para o dito cabidoo huna vina em Portezolo em termio de Casa Soaa que dezian que foy de Miguel Peres, da qual Johan Garçia meteo na mao a Pero Esteveez da rama e da terra em lugar dentregua, et disseron que por esto reçebian para o cabidoo todas las ditas cousas. Testimuyas Pero Eanes e Domingo Martines de Barvadaens e Johan Peres juyz de Vilanova.

Este dia e ante estas testimuyas os ditos Pero Esteveez e Johan Garçia reçeberon para o cabidoo huna vina en Penna Igleia que deziam que fora de Fernan Martines, da qual Johan Garçia meteo a Pero Esteveez da rama e da terra en lugar dentregua, et disseron que por esto reçebian todas las ditas cousas.

Este dia e ante estas testimuyas os ditos Pero Esteveez e Johan Garçia reçeberon para o cabidoo duas leyras de vinas en Rante no lugar que chamavan Pontella, das quaes o dito Johan Garçia entregou a Pero Esteveez da rama e da terra, et disseron que por esto reçebian as leyras que foron de Thereyia Meendez en Raayro e todas las ditas cousas. Et eu Johan Eanes no(tario ...) d’Ourense por lo bispo e por la igleia desse lugar a esto todo sobre dito presente fuy e en mina presença o fiz escrivir e meu signal y fiz que e tal

(sinal)