GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

380
1371, febreiro, 20
foro

Pedro Rodríguez, reitor da igrexa de San Cibrao de Las e tenente da capela ordenada polo chantre Xoán Rodríguez, afóralles a tres voces a Xoán Estévez e á súa muller, Tareixa Vilela, diversos bens en Alongos, por certa cantidade de diñeiro, unha porcalla ou 8 mrs. con 10 soldos de pan branco e tres azumes de viño.

ACOu, Escrituras XXI, 16

Sabean quantos esta carta viren que eu Pero Rodrigues reytor da igleia de Sam Çibrao de Laas et teendor da capella que ordinou dom Johan Rodrigues chantre que foy d’Ourense, con liçençia e outoridade de dom Johan Anes arçidiago de Castella, vigario geeral da igleia et bispado d’Ourense vagante a see, que he presente et outorgante dou (e outorgo) aforo a vos Johan Estevees d’Alongos et a vossa moller Tereyia Vilela em vossa vida danbos et a tres voses depoys do finamento do pustrimeyro de vos, quaes foren nomeadas suçesive huna pus outra, et se non foran nomeadas que seia a primeira vos aquel que herdar os outros vossos beens de dereito, et assy vaam as ditas voses suçesive, ho casar d’Alongos que foy d’Aras Yaque que está no lugar que chaman o Rigeyro et todos los outros herdamentos et arvores que perteençem aa dita capella enna friiguesia de Sam Martiño d’Alongos a montes e a fontes con entradas e seidas et con todos seus dereytos et perteenças sub tal condiçon que moredes o dito lugar por vos ou por outre et o reparedes (...) que o lavredes et paredes bem et façades lavrar et parar bem os herdamentos que ao dito lugar perteençen cada hu for neçesario em tal maneyra que non defalesca por mingoa de lavor et de boon paramento. Et dedes ende a min et a meus suçesores teedores da dita capella en cada huun anno em salvo enna festa de Sam Martyño de novenbro viinte libras de diñeiros brancos da moeda del rey dom Pero contados viinte soldos por libra, et huna porcalla con des soldos de pam branco e con tres açunbres de viño. Pero se (...) ventura non poderdes aver de vossa criança a dita porcalla que den por ella oyto mor. da sobre dita moeda con o dito pam et viño. Et que levedes ende et ajades (...) fruytos et dereytos que deus y der de dezemo a deus et livre et quite de todo outro enbargo et emcarrego alguun. Et se vos ou as ditas voses ou alguuns (...) as quiserdes vender ou obrigar o dito lugar ou parte dello primeyramente devedes requeryr sobre ello ao teedor da dita capela. Et se porla ventura o non quiser por esse preço reçeber estonçe o vendede, deytade ou subpinorade a semellavel pesoa de que eu possa aver et cobrar o dito foro en paz et que lavre et pare bem et faça et cunpra et agarde as condiçoens desta carta segundo vos sodes tiudos et hobrigados. Et eu o dito Pero Rodrigues obrigo os beens da dita capela para que os ditos Johan Esteves et a dita sua moller et as ditas vozes siam anparados et defesos a dereyto no dito tenpo con o dito lugar e herdamentos que lles aforo commo dito he. Et eu Johan Estevees sobre dito reçebo o dito casar et herdamentos et cousas sobre ditas aforadas porla maneira e condiçoens sobre ditas. Et obrigo todos meus beens et da dita miña moller avidos e por aver para l[a]vrar et parar bem e pagar e fazer et conprir e agardar todas las cousas que de susso ditas son. Et he posto ontre as ditas partes que qual quer dellas ... que peyte aa outra parte que em ello quisser estar çen mor. da sobre dita moeda. Et a dita penna pagada ou non esta carta et ho em ella contiudo fique firme et valledeiro. Et eu o dito arçidiago et vigario sobre dito por quanto reçeby juramento aos santos avangelios do dito Pero Rodrigues (...) aforamento que fazia era prol e boon paramento da dita capella, et el porlo dito juramento dysso que entendia e criia que era prol da dita capella et que (...) non achava quen lle mays desse nen prometesse de foro por elo, por ende outorgo este dito aforamento enna maneira que he feito. Et (...) para que o possa faser, et ontrepoño degredo ao dito aforamento et mando que valla por lo dito tenpo et aia firmedume enna maneira que he feito (...) fazer duas cartas em huun tenor partidas por .a.b.c. Feita a carta en Ourense, viinte de fevereyro, era de mill et quatroçentos et nove annos. Testemoyas que foron presentes aa dita outorydade et outorgamento do dito Pero Rodrigues, Vaasco Corvacho coengo d’Ourense e Pero Çide e Johan Peres escudeiros do dito arçidiago et Lourenço Anes reytor da igleia de Layas et Afonso Peres reytor da igleia de Santo Andre de Canpo Redondo. Et foron tests. de commo o dito Johan Esteves ... o dito aforamento e o reçebeo enna maneira que dita he Ares Martines notario d’Ourense e Vasco Martines escrivan e Domingo Martines de de Mugares e Pero Cabeça et Domingo Peres de Revelloens et Johan Martines Calveyra de Ventrazes.

Et eu Martin Gonçalvez notario pubrico d’Ourense por lo bispo e por la igleia desse lugar que a esto presente foy et en miña presença o fiz escripvyr et en esta carta que delo dey ao dito Johan Steveez meu nomme et meu signal aqui fiz en testimoyo de verdade que he tal.

(sinal)