GMH/ÍNDICE A-Z

132
1433, decembro, 28

Juan Queto do Feal, morador en San Mamede de Ribadulla, desembarga a Pero Eanes da Rúa do Rego, alfaiate, seu primo, tódalas propiedades que lle quedaran do seu pai.

(ff. 63-63 v)

Ihesus. Ano do nasçemento de noso senor Ihesu Christo de mill et quatroçentos et trinta et tres anos, viinte et oyto dias do mes de desembro. Sabean todos que eu Juan Queto do Feal morador ẽna fiigresia de San Mamede de Ribadulla, que soo presente et que faço por mĩ e por todas mĩas voses, non costrengudo por forã nen por engãno resçebido, mais de mĩa livre et propia voontade, et por desencarregar mĩa conçiençia, desenbargo, desde oje este dia para todo sempre, a vos Pero Eanes da Rua do Rego, alfayate, vesiño da villa de Pontevedra, meu primo, que sodes presente, todas las herdades, casas, casares et chantados et viñas que foron e ficaron de Juan Domingues do Feal, padre de vos o dito Pero Yanes, et que eu tive et usey et pesuy ata aqui por vos des la morte do dito voso padre; et quero et outorgo que vos, o dito Pero Eanes et vosas vozes, posades, desde oje este dia endeante, entrar et resçeber et jurar todas las ditas herdades, casas et casares et chantados et viñas que eu asi tive et usey et que a vos perteesçen de aver et herdar por herança do dito voso padre, et faser delas et en elas toda vosa libre voontade, como de vosa cousa propia, sen meu enbargo et de todas mias vozes, et prometo et outorgo de vos non biir nen pasar contra este dito desenbargo, ante que vos lo tẽna et compra asi eu et mĩas bozes senpre et en todo tenpo, et que vos non venamos contra el en ninhũa maneira por nos nen por outro, aa boa fe de Deus et sen meu engãno, et por mĩ et por todos meus bẽes que vos a elo obligo, et so pena de dous mill mrs. de boa moeda que outorgo que vos peitemos por pena eu ou mĩas vozes seo asi non teveredes, conpriremos et contra elo vieremos et, a pena pagada ou non, este estromento de desenbargo et o en el contiudo este senpre firme. Et eu o dito Pero Eanes, por mi et por mĩas boses, asi o resçebo. Feito na dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobfre ditos. Testemoyas que foron presentes, Juan Cotorino et Fernan Lourenço, pedreiros, et Pero de Melide, alfayate, et Diego Afonso d´Oviedo o moço // moradores ẽna dita villa de Pontevedra et Martin de Lestedo, criado de mĩn notario, et outros.

Feita.