GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Textos Forais

26
1272, marzo, 17

Foro de Santa María de Seseriz

Fuente: Villa-Amil y Castro, J., Los foros de Galicia en la Edad Media. Estudio de las transformaciones que ha sufrido en Galicia la contratación para el aprovechamiento de las tierras con un apéndice de diez y nueve documentos inéditos, y un índice de algunas voces que aparecen en los doscientos ochenta que se citan en el curso de la obra. Establecimiento Tipográfico de los Sucesores de Rivadeneyra, Madrid, 1884. Apéndice, doc. nº. XII, pp. 139-140.

Conozuda cousa seia a quantos esta carta uiren e oyren. Que Nos don Munio pela graza de deus bispo de Mendinedo cun consello et cum outorgamento de homees boos de nossa eglesia fazemos foro con los homees da fiigregia de Sancta Maria de seseriz, primeyramente damus les terminos por estes lugares nomeados, conuen asaber de contra a friigregia de sancta valla de Mirille pelo peago de meytuse como se uay aa pena da roca et como se uay ao lumbro denfesto aa cabeza de centeaes et des y como se uay aa capella de monte raso et des y como uay adereyto ao seyxo de fremicay et pela çima das forcadas de carraes et pela candoosa de sobre uillar uello et des y adreito ao porto de lageoso como uen essa agoa de viueyro ferir en peago meytuse, por este terminos les damus et outorgamus uoz de caritel con la herdade do nosso uillar dameriz enteyro et con la meatade do villar de raguilfe et cum todas las outras herdades que a eglesia de Mendonedo a et deue aauer en estes terminos per tal condiçon conuen a saber que quantos moraren dentro en aquestes terminos deuen a seer fiees uasallos do bispo de Mendonedo por nome da eglesia de Mendonedo et non deuen aauer outro señor terreal, se non obispo. Et deuen a dar a cada um delles casa año ao bispo ou aquen el mandar çinquo soldos de moeda real que andar por galliza por que pagaren as martiniegas, assi como os deren os do Couto de riba deume de goea, et por estes terminos conuen a saber ameatade por san martino et ameatade por pascoa. Et deuen adar todos emsembra cada año oyto ferradas de çeuada pela ferrada de viueyro, et triinta gallinas et boos tres porcos ou oyto carneyros boos. Et por este foro destes cimque en soldo deuen aseer quitas de uoz de nuzo de maniadigo de martinega et das outras uoçes foramte de homiçio de que deue aauer obispo a meadade et o concello a outra meadade, et do furto, et do rouso et da aleyuosia. Saynte o dereyto del Rey deue aauer obispo a meadade et o conçello a meadade. Das fiadorias et coutos assi os que foren postos pelo bispo como pelos alcaydes deue aleuar obispo a meadade et o conçello a outra meadade et desta meadade do conçello deuen os Alcaydes et o Juyz aleuar a meadade per terças et o conçello a outra meadade. Et obispo deue os aamar et amparar assi como boo señor á boos uassallos. Et elles deuen amar et seruir aboafe ao bispo con los corpus et con las armas quando os bispo de mandar assi como boos et fiees vassallos. Et o bispo debe les a dar alcaides et Juiz assi como os da aos do Couto de Rivadeume de Goea et que appelar do Juyz appelle ao bispo et do bispo al Rei. Et que esto seia firme et non uenna endulta. Nos bispo et nos concello sobredictos facemos ende estas cartas partidas por a b c. Et Nos concello sobredicto prometemos et outorgamos á gardar et teer aboafe todas las cousas sobredictas et demais de non facer preyto nen juramento con nen un caualeiro nen con outra gente nen una sen placer et sen outorgamento de noso Señor obispo. Feita a carta en Seseriz doutorgamento de Nos bispo et concello sobredictos xvii dias andados do mes de Marzo en era de mill et trecentos et diez annos – Et de esto son testemoyas D. Rui Garcia Chantres de Mendonedo – Pedro Fernandez de Transancos – Et Johan Vidal Coygos – Jacome Martinez Razoeiro – Et Pedro Johanes Capella do bispo – Pay Johanes Clerigo de Santa Oaya de Debesa – Et Pedro Muñiz Clerigo de Villameaa – Ruiz Martinez dito Carneiro – Pedro Aras de Viveiro Juiz de esta Terra – Fernan Basanta – Et Johan Basanta seo fillo caualeyros – Martin Martinez et Martin vermuyz clerigos da Eglesia de Seseriz – Et Nos bispo sobre dito facemos esta carta do concello seellar de noso seello pendente.

Eu Johan perez de valdayo Notario jurado en casa do sennor bispo sobre dito presente fuy et de mandado do bpo et do conçello sobredictos et en presenza das ditas testemoyas esta carta escriui per mina mao et puge eella meu signal en testemoyo de verdade.