GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

835
1381, febreiro, 17. Castelo de Asma
Martiño Fernández e a súa muller dóanlles ao bispo e á igrexa de Lugo o padroado de Santa María de Castelo de Asma.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 22r.

Sabeam todos commo eu Martin Fernandes de Melos, fillo de Martin Fernandes de Melos et de Tereyia Lourença, filla que foy de Tereyia Peres, donna por amor de Deus et por mina alma et por las suas almas deles et d’aqueles a que soo tiudo, et por moyto ben et merçee que reçebi de vos ho onrrado sennor don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et da dita vosa iglesia, dou a vos o dito sennor obispo et a a dita vosa iglesia para senpre jamays en pura doaçon et firme et por jut de herdade todo padroadigo de pan, ou de dineyros, ou de dineyros (sic), et a presentaçon et dereytos et outras cousas quaesquer que a min de dereyto, ou de feyto, ou d’outra maneyra qualquer, perteesçen de aver por vos et herança dos ditos meus padre et madre et avoa enna iglesia de Santa Maria de Castelo d’Asma, et en todas las casas et herdades et cousas que a ela perteesçen en qualquer maneyra et por qualquer rason en todo obispado de Lugo et en outros lugares et obispados quaesquer, et obligo meus beens, movilles et rayses, que ora aio et ouver d’aqui endeante, de vos façer a dita doaçon de pas a todo tempo, et logo por esta presente carta vos dou o jur et posison et propiedade de todas estas cousas sobreditas et de cada huna delas, et tiro ende a min et a toda mina vos para senpre, et prometo a a boa fe de nunca revogar esta doaçon por ninguna maneyra que seia, et outorgo que se o tentar de faser eu, ou outro algun de mina vos, que nos non valla nen seiamos sobre elo oydos en juyso nen fora del.

Et nos, o dito sennor obispo, por nos et en nome da dita nosa iglesia asy reçebemos de vos, o dito Martin Fernandes, a dita esmola et doaçon que nos fasedes.

Et eu o dito Martin Ferrnades asy vos la outorgo. Et porque esto seia firme et çerto rogo et peço a Afonso Touron, notario publico en casa de vos o dito sennor obispo et ennas vosas audiençias et coutos de vosa iglesia, que vos de delo carta firme signada de seu signal.

Que foy feyta en Castelo d’Asma, des et sete dias de fevreyro, era de mill et quatroçentos et des et nove annos.

Testemoyas que foron presentes: frey Afonso Eanes, companeyro do dito sennor obispo; Fernan Gonçalves de Moreda; Ruy Lourenço de d’Ider; Ruy Cadadia; Fernan Lourenço de Castelo; Fernando Gomes, clerigo; Afonso Peres, Lopo Rodrigues, clerigos; Johan Fernandes, Johanne de Belmonte, camareyros; Ruy Gonçalves de Goyos; Rodrigo Eanes [d’Aan]; Johan de Signagoga; Diego Porteyro; Afonso d’Aguiar; Pedro Ferrnandes de Belmonte; Afonso Peres de Ravanal, et outros.

Et eu Affonso Touron, notario publico sobredito dado por la autoridade do dito sennor obispo, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et a rogo et pedimento do dito Martin Fernandes de Rielos esta carta escrivi et puge en ella meu nome et meu signal en testemoyo de verdade. Afonso Touron notario.