GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

872
1386, agosto, 6. Lugo
Fernando Cego failles doazón ao bispo e á igrexa de Lugo de todo canto lle pertence en San Pedro de Cereixa.
MADRID, AHN, Carp. 1332 G/10, perg. orix., galego, cortesá, 243x330 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Fernan Çego, natural da Prova de Broollon, de minna propia voontade dou en doaçon pura pura (sic) et firme para senpre jamays por jur de herdade por amor de Deus et por remiimento de meus pecados a vos, o moyto onrrado sennor don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et a vosa iglesia todos los herdamentos et casas et arvores et bees reyses foreyros que eu aio et me perteeçen en qualquer maneira sub signo de San Pedro de Çereyia, et doubo-la con todas las suas dereituras et pertenenças et casas et arvores et formaes, a monte et a fonte, peru quer que vaan sub o dito signo. Et por esta presente carta ponno et traspaso d’aqui adeante o jur et posison et propiadade et sennorio et dereito et abçon que tenno et ey et me perteeçe et deve perteeçer dos ditos herdamentos et bees en vos, o dito sennor obispo, et en vosa iglesia et en vosos suçesores para sempre, et tiro ende a min et a minna vos, et se d’aqui adeante ussar delles ou de parte delles connossco que os usso et posuyo por vos et en voso nome et da dita vosa iglesia precario, et doubos todas las abçoes et dereitos et sennorios utiles et directas que me perteeçe en qualquer maneira et por qualquer rason ennos ditos bees, et que os posades reçibir et entrar et demandar et defender por vos ou por outren et faser delles ou en elles todas las cousas et cada huna dellas que verdadeyro sennor et propietario pode faser et diser, et que eu mismo faria et poderia faser ante desta doaçon, et constituydovos por procurador como en vosa cousa propia; et prometo por solempne et fiirme stipulaçion de aver por grata et firme valedeyra esta dita doaçon et de nunca a revocar, nen allegar, nen propoer contra ela ingratidume nen grandesa inmensa de doaçon, nen que non foy insignuada, nen outra exçepçon nen rason alguna porque esta dita doaçon posa seer atinuada, ou defalesçida, ou quebrantada, ou desatada en todo ou parte. Et para todo esto que dito he mellor teer et complir et guardar faço juramento a Deus et a os seus santos evangelios, que corporalmente tango con minnas maos, que nunca contra esta doaçon venna nen pase en todo nen en parte delo por min nen por outren en juyso nen fora del, et se tentar de o faser que non valla nen seia sobrelo oydo, et fique por elo perjuro et infame, et esta doaçon fique firme. Et nos, o dito sennor obispo, por nos et por la dita nosa iglesia et por nosos suçesores asy reçebemos de vos, o dito Fernan Çego, a dita doaçon que nos fasedes.

Et eu, o dito Fernan Çego, asy vos-la outorgo et obligo meus bees para vola faser senpre de pas. Et que esto seia çerto roguey a Afonso Touron, notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta.

Que foy feyta en Lugo, seys dias de agosto, anno da naçença de noso sennor Ihesu Christo de mill et tresentos et oyteenta et seia annos. Testemoyas que foron presentes: frey Lopo das Ribeiras; Afonso Ferrnandes de Quyroga, Gonçalvo Ferrnandes, seu yrmao; Johan Ferrnandes, notario de Pallares; Johan, camareyro do bispo; Gonçalvo Rodrigues, criado de Afonso de Quyroga; Roy Mouro, et outros.

Et eu Affonso Touron, notario publico de Lugo por la actoridade do dito sennor obispo, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy, et a rogo do dito Fernan Çego esta carta en mina presença fis escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade. (+).