GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

854
1382, agosto, 27. Lugo

Acta notarial na que Pedro Afonso se compromete ao pagamento anual de tres soldos aos aniversarios de Lugo por unha porción de horto que lles pertence.

MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 27r.

Era de mill et quatroçentos et viinte annos, viinte et sete dias d’agosto.

En presença de min Alvar Peres, notario publico da çiubdade de Lugo, et das testemoyas subscriptas Pedro Affonso, mercador, morador en Lugo enna rua de Vermun Sanches, disso que os aniverssarios da iglesia de Santa Maria de Lugo avian hun quinon pequeno en hun orto que esta fora da villa a a sua Porta Minaa, que soya iaser en cortina, o qual dito orto disso Pedro Affonso que çarrara agora de pedra et que non podia partir o dito orto nen sabia tamanno quinon en el aviam os ditos aniverssarios, et por ende que mandava de cada anno a os ditos aniversarios para senpre tres soldos de cada anno por lo dito orto.

Testigos que foron presentes: Johan Ferrnandes, mercador, criado do dito Pedro Affonso; Garçia Rodrigues, clerigo da iglesia de Santa Maria de Lugo; Affonso das Rebodeyras; Johan Martines, piliteyro; et Affonso Arias, ts., et outros.

Et eu Alvar Peres, notario publico sobredito por lo sennor obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas et a rogo et a pidimiento do dito Pedro Affonso esta carta scrivi et puge y meu signal en testemoyo de verdade.