GMH/ÍNDICE A-Z

158
1325, marzo, 4
testamento

Cláusulas do testamento de Pedro Afonso de Prexegueiró, cóengo.

ACOu, Clérigos do Coro, 107

Conoçuda cousa seia a todos que Pero Affonso de Prexegueyroo coengo d’Ourense deu a min Domingo Fernandes notario publico da çidade d’Ourense porla igleia desse lugar ante as testemunyas sub escritas huna clausula escrita en papel, çarrada e seelada en dous lugares de seu seelo deste Pero Affonso que el avya acustumado desendo e conffessando ante as tests. que adeante som escritas que este era seu testamento, e o que se en el contiiña que o outorgava e o dava por seu testamento e por sua pustrimeyra voentade e que mandava que valuesse assy commo testamento ou commo codiçillo ou commo outra qual quer postrimeyra voontade que de dereito mellor e mays firmemente pudesse valler e mandou a min notario que o tevesse e aguardasse para quando mester fosse de se publicar e o confirmasse en publica forma e fezesse ende testamento o mays firme que ende podesse fazer. Esto foy en Ourense, quatro dias de março, era de mill e ccclviii. Tests. que a esto chamadas e rogadas presentes forom Pero Esteves, Pero de Carrom fisico morador en Ourense, Gonçalvo Eanes fillo de Johan Pereyras mercador que foy d’Ourense, Pero Maçia morador enna rua das Chousas, Martin Dominguez e Lourenço Eanes çapateiro moradores en Allaris, Afonso Peres sobrino do dito Pero Affonso, Johan Garçia e (...) Maçia Martines seus hommes.

Depoys desto, oyto dias do dito mes de março da era sobre dita, soterando o dito Pero Affonso, foy aberto, liudo e publicado o dito testamento enno cabidoo segundo que he acustumado e por mandado e outoridade de Pero Giaez dobleyro, vigario geeral do onrrado padre |padre| e señor dom Gonçalvo pela [graça] de deus bispo d’Ourense que era presente e a pedimento de dom Pero Rodrigues arçidiago de Limya e de dom Beraldo Affonso arçidiago de Buval conpridores do dito testamento, presentes as pessoas e coengos dessa igleia e outros moytos, do qual testamento o teor atal he:

Enno nomme de deus amen. Eu Pero Affonso de Prexegueyroo coengo d’Ourense, jazendo con grande inffirmydade no meu corpo pero con todo meu entendemento conprido, temendome de morte quero myña fazenda fique mays ordinada e que depois non veña contenda sobre los meus beens, por ende faço e ordino delles meu testamento e myña postrimeira voontadade en esta maneira: Primeiramente mando a myña alma a deus verdadeyro etç. Iten mando aos clerigos do coro que forem en myña supultura ... mor./ e que digam por min huna mynsa cantada de requiem en aquel dia que eu for suterrado. Iten lles mando a estes clerigos para senpre cc soldos de brancos que me am a dar cada anno porla herdade de Codeyro que sabe Pero Rodriguez etç. Et faço herees en este meu testamento Affonso Perez fillo de Dominga Eanes trapeyra e Gonçalvo Martines meu sobrino fillo de Martin Affonso meu yrmao em dez mor. de diñeiros portugueses cada huun e a mays de meus beens non se tendam. Et outrossy faço reytores e conpridores e eyssecutores deste meu testamento e myña pustrimeira voontade o arçidiago Pero Rodriguez e o arçidiago Beeraldo Affonso sobre ditos etç. Feyto o testamento en Ourense, quatro dias de março, era de mill e ccclxiii annos. Tests. que forom presentes quando este testamento foy aberto, lyudo e publicado Pero Maçia da rua das Chousas, Affonso Peres sobrino do dito Pero Affonso, Tomas, Johan Garçia, Martin Martines seus hommees.

Et eu Domingo Fernandes notario sobre dito que a todas estas cousas chamado presente foy e en miña presença o fige escrivyr e por liçençia e mandado de Affonso Vivyaez coengo et chançeler da çidade de Ourense este testamento en publyca forma torey e a rogo do dito Pero Affonso e meu signal y puge en testemunyo de verdade.

Este he tralado da clausula sobre dita do testamento do dito Pero Affonso, o qual testamento era feyto por Domingo Fernandes notario publico da çidade d’Ourense pola igleia desse lugar e signado de seu signal segundo que en el dezia, a qual clausula eu Johan Eanes notario jurado d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar, do dito testamento en myña presença fige escrivir a pedimento de Martin Domingues da rua d’Oobra clerigo do coro e por mandado e outoridade de Pero Giaaz coengo e vigario geeral do dito señor obispo d’Ourense e meu signal y puge en testemunyo de verdade, o qual tralado foy feito en Ourense, seis dias de mayo, era de mill e ccclxiii annos. Testemunyas Diego Garçia, Gonçalvo Eanes, Domingo Fernandes notario, Johan Fernandes, Miguell Eanes, Fernan Eanes do Couto, Ruy Lourenço e Garçia Eanes clerigos do coro.

(sinal)

[reverso] Carta da |da| herdade de Codeyro.

Materias

arcediago; auto xudicial; bispo; branca; cabido; canon foral; chanceler; cláusula; confraría; constitución; constitución; coro; crego; cumpridor; dobreiro; doente; escritura; familia; fillo; físico; herdanza; irmán; marabedí; mercador; misa; muller; nai; notario; notario capitular; pai; papel; provisor; publicación; rúa; selo; sepultura; sobriño; soldo; testamenteiro; testamento; tío; trapeira; traslado; vigairo; xuíz; zapateiro; cóengo

Persoas

Afonso Pérez; Afonso Pérez; Afonso Vivián, cóengo de Ourense; Beraldo Afonso, arcediago de Búval; Diego García; Domina Eáns, trapeira; Domingos Fernández, notario; Domingos Fernández, notario; Fernando Eans do Couto, crego do coro de Ourense; García Eáns, crego do coro de Ourense; Gonzalo Eáns; Gonzalo Eáns; Gonzalo Martínez; Gonzalo Pérez de Novoa, bispo de Ourense; Lourenzo Eáns, zapateiro; Martiño Afonso; Martiño Domínguez da rúa da Obra; Martiño Domínguez, zapateiro; Martiño Martínez, home de Pedro Afonso de Prexigueiró; Pedro de Carrón, físico; Pedro Estévez; Pedro Macías da rúa das Chousas; Pedro Rodríguez, arcediago de Limia; Pedro Xiás, cóengo de Ourense; Roi Lourenzo, crego do coro de Ourense; Tomé; Xoán Eáns, notario; Xoán Fernández, crego do coro de Ourense; Xoán García, home de Pedro Afonso de Prexigueiró; Xoán Pereiras, mercador; Pedro Afonso de Prexigueiró, cóengo de Ourense

Outros

Ourense, bispado; Portugal, reino; Ourense, cabido

Lugares

Allariz; Búbal. Antiga xurisdición.; Couto, O; Cudeiro; Limia. Antiga xurisdición e arcediagado.; Ourense; Prexigueiró