GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

77
1433, novembro, 8
María García da Devesa, moradora en Santa María de Alba, vende a Juan da Iglesia, morador en San Vicente de Cerpenzóns, e á súa muller Teresa Peres toda a súa parte no casal de Liviáns por prezo de 30 mrs.

(ff. 35-35 v)

Oyto dias do dito mes de novembro. Sabean todos que eu Maria Garçia da Devesa, morador ena fiigresia // de Santa Maria d´Alva, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas voses, non costrenguda por força nen por engãno resçebido, mas da mĩa livre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos Juan da Igllesia, morador ẽna fiigresia de San Biçenço de Serpençoes, que sodes presente, et a vosa moller Tareija Peres et a todas vosas vozes et suas, toda a mĩa parte et quinon que eu ey et a mĩ pesteesçen do casal, casas, casares et chantados et viñas que chaman Liviãa, que he ẽna dita fiigresia de San Biçenço, onde quer que el baa, a montes et a fontes, o qual a mĩ perteesçe por parte de meus padre et madre et avoos et por conpras et gãanços et por outra qualquer rason que a mĩ perteescan de aver et herdar, et vendo, como dito he, toda mĩa parte do dito casal, herdades et plantados et biñas, con todas suas entradas et seydas et perteensças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven de dereito, por contia de trinta mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos triinta mrs. da dita moeda eu de vos resçeby en presença deste notario et testemoyas, et de que me outorgo etc. Et renunçio et. Et se mas bal etc. Et todo jur etc. Anparar et. Pena o doblo. Et eu o dito Juan de Igresia, que soo presente et que faço por mĩ et por la dita mĩa moller et nosas vozes, asi o resçebo. Testemoyas: Ares Lopes, Afonso Peres, pedreiros Juan de Santa Maria, lavrador, morador en Salseda et outros.