GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

641
1362, abril, 10. Lugo

Vasco Pérez dóalle á igrexa de Lugo todas as súas herdades no couto de San Martiño dos Condes e en Santo Estevo da Mota.

MADRID, AHN, Carp. 1332 F/4, perg. orix., galego, gótica cursiva, 262x265 mm, extr., Tumbo Viejo, fol. 160r.

LUGO, AC, extr., Tumbo Nuevo, fol. 233v.

PIÑEIRO: Memorias..., t. III, fol. 493.

CAÑIZARES: p. 1072.

RISCO: ES, t. XLI, p. 119.

Ed., LÓPEZ PELÁEZ: El señorío..., ap. VIII.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Vaasco Peres, fillo de Pedro Lopes de Rodeyro que foy, outorgo et connosco que dou, a a iglesia de Lugo, en doaçon para senpre valedeyra por iur de herdade et en corrgementos et enmenda de moytos maes et dapnos et queyxumes de paes et de cassas, et roubos de gaados, et de outras coussas mobilles, et prisiones, et mortes de homes que eu fige et cometi por minna auctoridade, enno seu couto de Lugo, contra a dita iglesia et os vassalos della sen sua culpa et sen culpa do bispo et do cabidoo da dita iglesia, non no meresçendo elles nen algun delles, nen me fasendo erro algun porque o devesse faser. Conven a saber que dou, a dita iglesia de Lugo, por estas rassoes sobreditas, todos quantos herdamentos et voses eu aio enno couto de San Martino dos Condes por parte do dito meu padre et por Eynes Lopes, minna hirmaa, et por outra maneira qualquer, con todas suas dereituras et pertenenças cassas, arvores et formaes, igleiario et leygario, et couto et sennorio, a montes et a fontes, per ut quer que vaa, sub signo de San Martino dos Condes. Et outrossy lle dou mays todos quantos quinoes et iures et dereito et vos eu aio enna poussa et lugar da Mota por min et por la dita minna hirmaa et por outra maneira qualquer, con todas suas herdades, igleiario et leygario, et caneyros et pesqueyras et moynos et con cassas et arvores et formaes, et con todas suas dereituras et pertenenças, a monte et a fonte, per ut quer que vaa sub signo de Sant Estevoo da Mota, et ponno logo a a dita iglesia de Lugo et a vos, o onrrado padre et sennor don frey Pedro Lopes, obispo de Lugo, en nome dell, enno iur et enna possisson destas coussas sobreditas et cada huna dellas que lle dou, et tiro ende a min et a minna vos della, et outorgo et connosco que se dellas d’aqui adeante alguna coussa posuyr, por min ou por outro, que as possuyo por la dita iglesia de Lugo et en seu nome precario. Et vos, o dito sennor obispo, et cabidoo da vossa iglesia, que me leyxedes teer en toda minna vida os herdamentos et couto et igleiario de San Martino dos Condes, que vos dou, et que leve para min ho husso et froyto et rendas et dereituras del por vos et en vosso nome enno dito tempo da minna vida, et a meu finamento que fique livre et desenbarguado a a dita iglesia de Lugo con todos los boos paramentos et melloramentos que y foren feitos, et prometo a a boa fe que nunca contra esta doaçon vaa por min nen por outrem en iuyso nen fora del, et obligo por todos meus bees de a faser de pas en todo tempo, et se iuyso resquerçer sobrela de a defender et enparar por minna custa sen dapno da dita iglesia.

Et nos, o dito sennor obispo, assy reçebemos de vos, o dito Vaasco Peres, a dita doaçon para a dita nossa iglesia en emmenda et corregemento dos maes et dapnos sobreditos. Et eu, o dito Vaasco Peres, asy vos la dou segundo dito he. Et porque esto seia çerto rogamos a Iacome Guillelmes et Arias Peres, notarios publicos de Lugo, que fesessen ende publicos instrumentos.

Feyto en Lugo, des dias de abril, era de mill et quatroçentos annos.

Testemoyas que presentes foron: dom Diego Fernandes, dayan; dom Lopo Domingues, chantres; dom Affonso Gomes, arçidiago de Deça; dom Ruy Fernandes, arçidiago de Neyra; dom Garçia Dias, arçidiago de Sarria; dom Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; dom Vaasco Dias, arçidiago de Triacastella; dom Pedro Arias. mestrescolla; dom Alvar Rodrigues, iuys; dom Ruy Gonsalves, thesoreiro; Iohan Dias, Diego Gomes, coengos de Lugo; Lourenço Yanes, alcallde; Romeu Fernandes; Iohan Yanes de Burela; Pedro Affonso de Sande, et outros.

Et eu Arias Peres, notario publico de Lugo, dado por autoridade do dito sennor obispo desse lugar, a esto que sobredito he chamado et rogado con as ditas testemoyas et con Iacome Guillelmes, notario sobredito, presente fuy, et a rogo das ditas partes esta carta escrivi et puge y meu signal en testemoyo de verdade. (+).

Et eu Iacome Guillelmes, notario publico de Lugo por lo dito sennor obispo, a esto foy presente con o dito Arias Peres, notario, et testemoyas sobreditas, et a rogo das ditas partes en esta carta, que o dito Arias Peres escrivio, puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade. (+).