GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1086
1451, febreiro, 3. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Xoán de San Vicente e a tres voces un terreo edificable na rúa da Ferraría, freguesía de Santiago, por renda anual de oito marabedís e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, fs. 17 v.- 18 r.
   

Sabam quantos esta carta de foro viren como nos as personas, canonigos, benefiçiados do cabildo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo açerca da porta para donde soben a os orgoos dentro en a dita iglesia por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et custume, damos aforo et averbo a vos Juan de Sant Viçenço, coytaleyro, vizino da çiudade de Lugo, et a outras tres personas que suçederen de grado en grado segundo dereyto de pus vos, huna nosa praça, que he dos aniversarios da dita iglesia, que ias en a rua da Ferraria en que morou Juan de Santillana, vezino que foy da dita çiudade, que he sub signo da Capella de Santiago da dita çibdade, a qual praça ias junta con outra praça da casa de Fernan de Trasmonte et da outra parte con outra praça que he dos aniversarios; a qual dita praça vos aforamos con sua orta, cortyna et saydo, jures et dereyturas et pertenenças et agoas vertentes segundo lle pertesçen et ha tina en foro o dito Juan de Santillana, a tal pleito et condiçon que vos fazades en ela huna casa fasta quatro anos primeyros seguentes so pena de perder o dito foro; et dedes dela en foro et penson vos et as ditas personas a o rendeyro dos ditos aniversarios oyto maravedis de longos, cada ano, por dia de San Martino de novenbre, et que os pagedes en a moeda que se pagaren os outros foros da dita iglesia, et mays que cada huna das ditas personas, que asy en ela suçederen, que seian obligadas de se presentar ante o dito cabildo a lle mostrar como en ela suçederen, so pena de perder o dito foro, fasta triinta dias seguentes; et mays se a dita casa se perder por algun caso furtuyto asy como de fogo et ruyna, ou en outra maneyra qualquer, que seian obligadas el et as ditas personas de a reparar et fazer de novo; et a finamento da postromeyra persona, que suçeder en o dito foro, que a dita casa fique feyta et cuberta et ben reparada a os ditos aniversarios, cuia he, con todos los boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu, o dito Juan de San Viçenço, que presente estou asy reçebo de vos o dito foro para myn et para as ditas personas por las condiçoes sobreditas, et obligo a min et os beens das ditas personas de conprirmos et pagarmos et atendermos todo o sobredito segundo dito he.

Et nos, os ditos canonigos et benefiçiados, asy vos lo outorgamos, et porque seia çerto rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fezese desto duas cartas de foro feytas anbas en hun tenor signadas de seu signo, et por mayor firmeza mandamos sellar a carta de vos, o dito Juan de San Viçenço, con ho seelo do dito cabildo.

Que foy feyta et outorgada dentro en o dito cabildo da dita iglesia, tres dias do mes de febreyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et hun anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Roy Lopes de Aguiar, arçediano de Neyra; et Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Diego de Cordido, arçediano de Triacastela; Roy Lopes, liçençiado, juys; Gonçalvo de Parga, thesoreyro; Diego Ferrnandes, Diego Vasques, et Juan de Parga, canonigos; Juan de Neyra, raçoeyro; Roy Teyxeyro et Rodrigo Ares, clerigos do coro da dita iglesia, chamados et rogados, et outros.

Et eu Rodrigo Afonso das Camoyras, canonigo da dita iglesia, notario publico por la auctoridade apostolica, a todo esto que sobredito he en hun con as ditas testemoyas presente foy, et por mandado das ditas partes este instromento de foro por el outro fis escrivir fielmente, segundo que por ante min passou, et por ende fis aqui este meu signo et nome acustumados rogado et requerido.