GMH/ÍNDICE A-Z

106

1419, xaneiro, 16.
Elección dos seis homes bos para que concorresen ó Concello por mor de reparto e derramas.
O Concello ordena que se tomen as contas de Alvaro Gil e Pedro Leiteiro, procuradores que foran o ano anterior e o mesmo a Alvaro Vizoso de 3.000 maravedís do empréstito que recadou para o Concello.

Dia lũes des e seis dias do mes de janeiro. Sabean todos que seendo o Conçello, alcalles e regidores jurados e omes bõos da çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade por crida do anafil, segundo que han de uso e de custume, presentes ende Gomes Rodriges, bachiller en Decretos e Vaasquo Fernandes Troquo, alcalles enna dita çidade e Martin Galos e Alvaro Afonso Juliate e Afonso Fernandes Abril, jurados e regidores enna dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de Noso Señor el rey enna sua Corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Rui Martines, notario e dos testemoyas infrascriptos; enton o dito conçello, alcalles e jurados e regidores, diseron que por quanto noso señor o arçobispo de Santiago avya dado regimento de como se regese esta sua çidade e entre as outras contiudas enno dito regimento e ordenança por el feyta sobre la dita rason abya mandado que o dito conçello, justiças e jurados eligiesen en cada hũa anno seis omes bõos visiños da dita çidade para que fosen con eles presentes por parte da comunidade ao repartir e derramar de algũas rendas e moravedis que se ouvesen de repartir enna dita çidade; por ende que eles en conprindo o que por lo dito señor arçobispo fora mandado, que eligian este dito anno a estas personas que aqui dira para que fosen presentes por parte da comunidade ao repartir e derramar dos ditos moravedis, quando se ouvesen de repartir e derramar, as quaes personas que para esto asy nomearon este dito anno son estes que se siguen: Afonso Eanes d’España, Bernald Yanes do Camiño, Gonçalvo Abril, Fernan Gomes, Johan Rodriges do Çiqueelo e Vaasquo Piqado, aos quaes asy nomeados diseron que mandavan e mandaron aos sobreditos que veesen aos conçellos e consistorios quando e cada que se ouvesen de faser. Testemoyas: Juan da Caña, Aras Chantreiro, Juan Bugeyrete e Alvaro Gil, Garçia Oanes, Juan Martines, Johan Abraldes, visiños da dita çidade.
Predito.- O dito Conçello, alcalles, jurados e regidores, deron poder a Pero Eanes Abraldes e a Juan Ares da Caña que con os procuradores da dita çidade tomasen conta de Alvaro Gil e Pero Leiteiro, procuradores que foron o anno pasado e eso mesmo de Alvaro Viçoso dos tres mill moravedis do enprestido que recabdou por lo conçello e fesesen relaçon das ditas contas ao dito conçello. Testemoyas, os sobreditos.