GMH/ÍNDICE A-Z

11

1416, outubro, 6.
O Concello ordena ós procuradores que entreguen a Alvaro de Mandayo, criado do arcebispo Lope de Mendoza, 10 coroas de ouro, para que as entregase a Diego Fernández de Burgos, bacharel en Decretos, procurador do Concello, para segui-lo preito que tiña cos de Pontedeume, Ferrol e Vilalba.
 
Seys dias do mes de oytubre. Sabeen todos que seendo o conçello et homes bõos jurados et regidores da çidade de Santiago juntados por crida de anaffil, segundo que han de costume enno sobrado da notaria de Rui Martines notario publico da dita çidade, presentes enno dito conçello Vaasco Femandes Troquo, alcallde enna dita çidade et Martin Galos et Alvaro Afonso Juliate, Juan Ares de Cana, homes bõos jurados enna dita çidade et con eles Martin Fagundes, vesiños da dita çidade et en presença de min (...) notario publico de noso señor el rey et escusador por lo dito Rui Martines et das testemoyas adeante escriptas. Enton o dito conçello mandaron a Bernald Eanes, procurador do dito conçello, que presente estava, que dese a Alvaro de Mandayo, criado de noso señor o arçobispo de Santiago don Loppe des coroas d’ouro para que as levase a Diego Fernandes de Burgos, bachiller en decretos, procurador do dito conçello pra segimento do pleito que o dito conçellos ha con os conçellos da Pontedeume et Ferrol et Vilalva et que lle serian reçebidas as ditas des coroas et que desen mais a o dito Alvaro de Mandayo quinse maravedis, branqua en tres dineiros. Testemoyas Juan Raposo et Johan Rodriges Alvariño et Fernan Juliate vesinos da dita çidade.//  
(Fol. 5 vº)