GMH/ÍNDICE A-Z

14

1416, outubro, 27.
García Rodríguez, cambiador, recoñece ter recibido do Concello 663 maravedís, que el lle emprestara.
Domingo Longo, servente do Concello, declara ter recibido 120 maravedís do seu salario.

Viinte et sete dias do mes de oytubre. Sabbean todos que eu Garcia Rodriges, canbeador, morador enna çidade de Santiago outorgo et connosco que reçeby de vos Gil Peres, procurador do conçello da dita çidade seysçentos et saseenta et tres moravedis branca a tres dineiros; os quaes me devya o dito conçello et mandou a vos o dito Gil Peres que mos pagasedes. Et os quaes ey en meu jur et poder et renunçia a toda exepçon que non diga ende o contrario  et a a ley do aver non dado et contado, visto et reçebydo en presença do notario et testemoyas. Et dou por quito et livre a o dito conçello dos ditos seysçentos et saseenta et tres maravedis para senpre. Et eu o dito Gil Peres en nome do dito conçello asy o reçebo. Testemoyas que foron presentes Afonso Yanes d’España, mercador et Fernan Montesynno, criado de Ruy Martines, vesiños da dita çidade.
Predito. Domingo Longo, servente do conçello da dita çidade outorgose (...) Bernald Yanes do Camiño, procurador do dito conçello de çento et viinte moravedis, branqua en tres dineiros, para (...) do salario et vistiario que ha de aver do dito conçello este anno et renunçio a a ley etc que non desesse ende o contrario. Testemoyas Fernan Beeites, servente do dito conçello et Juan Rodriges da Baldomar et Aras de Brion.//
(Fol. 6 vº)