GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

379
1339, xuño, 4. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Gómez Pérez e á súa muller e a unha voz o casal de Toande, en Vilachá de Mera, por renda anual de 250 soldos e a obriga de construír unha casa.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 21r.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos o cabidoo da iglesia de Lugo con outorgamento de don Pedro Jacome, juyz de Lugo et vigario de don Fernan Aras, dayam dese lugar, et con outorgamento dos coengos d’aniversario, afforamos et avervamos a vos Gomes Peres, morador en San Fiiz de Muia, et a vosa muller Aldara Peres, por en todos vosos dias d’ambos et dous, et de huna pesoa semelavelle de vos qual o pustrimeyro de vos nomear en vida ou a tenpo de voso finamento, o noso casal de Toande que he dos aniversarios que he e Villachaa de Mera, sub signo de San Iullao de Villachaa de Mera, con aquella herdade que perteeçe a este casal, et con todas suas dereyturas et pertenenças, casas, arvores et formaes, a montes et a fontes, per hu quer que vaan, a a tal raçon conven a saber que avedes a lavrar ou faser lavrar et parar ben a dita herdade et façer y en este lugar huna casa. Et avedes nos a dar cada anno por foro deste casal, duçentos et çinquaenta soldos desta moeda del rey don Affonso, que façen quatro dineiros novees tres soldos, ou a valia delles se a dita moeda creçer ou mingoar. Et avedes a pagar estes duçentos et cinquaenta soldos cada anno en paz et en salvo enna villa de Lugo a aquel que recadar os aniversarios da dita iglesia, a meatade por San Johan Bautista et a meatade por Natal. Et aquel que morar no dito casal ha de seer defeso et anparado segundo os serviçaes da iglesia de Lugo, et ha de seer vasallo servente et obediente da dita iglesia. Et quando vagar o dito casal do pustrimeyro de vos, aquella pesoa en que ficar que o vena reçeber do cabidoo da iglesia de Lugo, et ata que o non veer reçeber que non use do dito casal. Et prometemos de vos non coller este vervo que vos façemos do dito casal commo sobredito he. Et a tenpo de finamento de vos et d’aquella pesoa que for nomeada, en que fique o dito casal, o dito casal (sic) deve ficar livre et quito et desenbargado a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos et con a dita casa feyta. Et eu, Gomes Peres sobredito, que estou presente asi reçebo de vos, o sobredito cabidoo, con outorgamento do sobredito vigario do dito dayam et dos coengos d’aniversario, o vervo et foro do dito casal, por min et por la dita mina muller Aldara Peres et por aquella pesoa que for nomeada; et obligo min et todos meus bees para pagar cada anno os ditos duçentos et çinquaenta soldos et conprir as cousas sobreditas. Et porque esto seia çerto et non vena en dulta nos as ditas partes rogamos a Roy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra, huna que posese no livro do cabidoo signada de seu signal et outra que dese a min o dito Gomes Peres signada con seu signal et seellada con seello de nos o cabidoo.

Que foron feytas en Lugo enno coro da dita iglesia, quatro dias de junyo, era de mill et treçentos et seteenta et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Diaz, archidiago de Sarria; o sobredito juyz; don Aras Pellaes, thesoreyro; Andres Peres, Johan Fernandes, et Fernan Affonso, coengos de Lugo; Affonso Eanes, Johan Gutierres et Johan Fernandes, raçoeyros de Lugo; Pedro Miguelles, Affonso Eanes, Aras Peres de Castro, Afonso Janeiro, Jacome Affonso, Johan Peres, coengos d’aniversario; Martin Peres, Lopo Domingues, Goçalvo Janeiro, clerigos do choro de Lugo ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo sobredito dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en mina presença fis escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.