GMH/ÍNDICE A-Z

468
1393, setembro, 8
foro

Pedro Iáñez, clérigo do coro, tenente da capela que ordenou Roi Pérez Fungoso, afóralles a catro voces a Fernando González de Requeixo e á súa muller, Inés Iáñez, unha herdade en Bouza de Ramiro por quinta.

ACOu, Fábrica e Capelas do Santísimo, I, 2

Sabean quantos esta carta viren que eu Pero Anes clerigo do coro da igleia d’Ourense et teendor da suçison que ordenou Roy Peres Fungoso, por liçençia e outoridade de don Alvar Dias arçidiago de Aveancos, procurador e vigario geeral do onrrado padre e señor don Pedro porla graça de deus e da santa igleia de Roma esleito confirmado da igleia e obispado d’Ourense que he presente e outorgante et me da poder, liçençia e outoridade para esto que se sigue, dou e outorgo a foro a vos Fernan Gonçalves de Requeixo morador en Ourense enno Tendal da Figueira et a vosa moller Eynes Yanes que non he presente et a quatro voses apus morte do pustrimeiro de vos huna pus outra quaes foren nomeadas, et non seendo nomeadas que seia a primeira vos aquel ou aquela que de dereito herdar os outros vosos beens, et asy vaan as ditas voses huna pus outra suçesive, conven a saber huna leira de herdade que iaz en canpo que ha dita suçesom ha e lle perteensçe a çerca desta çidade d’Ourense hu chaman Bouça de Ramiro, a qual parte de huun cabo con viña de Afonso Guiça notario d’Ourense et do outro cabo parte con outra vosa viña et fere en fondo enno camiño que vay da porta de Fonte Arqada para a Morteira et topa en çima enno camiño traveso. Aforovos a dita leira de herdade con suas entradas e seydas e dereitos e perteensças por tal condiçon que a chantedes e ontrechantedes de viña e a lavredes e paredes ben en maneira que non desfalesca por mingoa de lavor e de boon paramento et dedes ende e paguedes de foro cada anno a min e depois aos que porlo tenpo teveren a dita suçeson foro de quinta de todo viño e conposta que deus y der, a conposta na viña e o viño no lagar. Et colleredes a dita novidade por aquel que tever a dita suçeson ou por seu ome, ao qual proveeredes de comer e de beber comunalmente sigundo costume en quanto a dita novidade collerdes. Et do al que a ajades de disemo a deus livre e quite de todo outro enbargo e encarrego alguun. Et se quiserdes vender, deitar ou subpiñorar a dita leira de herdade que primeiramente frontedes ao teendor da dita suçeson que a aja porlo justo preço que vos outre por ela der, et nonna querendo que a vendades ou deitedes a atal pesona que seia semellavel de vos que lavre e pare ben e pague o dito foro e cunpra e agarde todo esto que dito he. Et obligo os beens da dita suçison para vos anparar e defender a dereito con a dita herdade que vos aforo commo dito he. Et eu o dito Fernan Gonçalves que soon presente por min e por la dita miña moller que non he presente e por las ditas quatro voses asi o outorgo e reçebo en min a dita leira de herdade aforada de vos o dito Pero Yanes porla maneira e condiçoens sobre ditas, et obligo todos meus beens para a chantar de viña e a lavrar e parar bem et faser cada anno o dito foro de quinta et cunprir e agardar todo esto que dito he. Et eu o dito don Alvar Diaz arçidiago e vigario sobre dito que soon presente por quanto sey e soon çerto que este aforamento he prol e boon paramento da dita suçeson e por juramento que sobrelo reçebi do dito Pero Yanes e por sua conçiençia, por ende outorgo este dito aforamento et dou poder, liçençia e outoridade ao dito Pero Yanes que o posa asy faser commo dito he et ontreponho a el meu degredo et mando que valla e aja firmedume enno tenpo e porla maneira que he feito. Et desto nos as partes mandamos faser duas cartas anbas en huun tenor. Feita a carta en Ourense, oyto dias do mes de setenbro, anno do nasçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e tres annos. Tests. que a esto presentes foron Gonçalvo Oureiro notario d’Ourense, Roy Gonçalves yrmao de min notario e Lourenço Martines meu omme e Lopo de Sarrea omme do dito vigario e outros.

Et eu Afonso Perez notario publico da çidade d’Ourense porla igleia desse lugar que a esto presente foi con as ditas tests. et esta carta que ende dey ao dito Pero Yanes en miña presença fiz escripvir et meu nome e signal aqui fiz en test. de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta da viña que agora ten Afonso da Erosa e Maria de Synd(ran).

Carta de foro da vina que ten Gomes Conde
en Bouço Ramiro foreira de quinta.

Carta da vina de Gomez Conde que agora tras Lançarote (…)
foro de quinta.