GMH/ÍNDICE A-Z

1203
1471, abril, 20 sábado. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalle en pensión perpetua ó cóengo Pedro Méndez unha horta na cidade, que tivo en foro Xoán Monteiro, por renda anual de dez marabedís. Tamén lle outorga o Cabido sepultura para el e os seus descendentes na igrexa de Lugo.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 56 v.

Saban quantos esta carta de penson virem como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo ajuntados en noso cabildo dentro en a Capela de San Vertolameu chamados per son de campana, segundo que an de uso et de costume, veendo et entendendo que esto a juso contiudo he noso proveyto et de nosos suscessores, conosçemos, outorgamos que damos en pension perpetuamente et para senpre jamays jur de herdade a vos Pedro Mendes de Foris, noso concanonigo en a dita iglesia, que presente estades, para vos et para vosos desçendentes et herdeyros et susçesores a nosa orta que de nos tevo en foro Juan Monteyro, juys que foy en a dita iglesia, la qual topa en as casas que [...] morou Pedro Afonso, canonigo, et ora son do arçediano de Neyra, Alvaro Rodrigues de Goyos, da huna parte, et da outra topan en a outra [...] da casa que ora he et en que mora Roy Lopes de Teyxeyro, clerigo do coro de Lugo, como esta cercada a dita orta de [...] de todas partes et contigoa, et se andou et anda con as ditas vosas casas en que vos ora morades sitas sobre [...] da Capela de Santiago desta dita çiudade; por la qual orta nos avedes de dar et pagar, de cada hun ano, de [...] et çenso des maravedis de moeda vella, de des dineyros o maravedi, que son tres brancas et hun dineyro cada maravedi, desta moeda que se corre ou de outra que correr de mercador a mercador en este Regno que monte esta contia senze mays acresçentar, et daredes a o moordomo et colledor dos nosos aniversarios fasta dia de San Martino de nobembro; et da dita orta et [...] faredes todo o que vos et vosos susçesores quiserdes et por ben teverdes como de vosa cousa propia para saude a dita orta [...] parte que seia con esta dita vençon. Et mays bos damos et outorgamos huna sepultura en a dita iglesia para vos et vosos desçendentes junta con a de Arias Peres de Cavalo, porteyro que foy desta iglesia, en a nabe da dita iglesia via da porta de [...] Padre en dereyto onde voso tio, Gonçalvo Martines [...] do Campo, pyntou ha ymaie de San Christoboo, et que lavredes ende ou façades lavrar vosa pedra de sepultura.

Et eu o dito Pedro Martines, canonigo, asi resçebo de vos, os ditos senores do cabilldo, [...] dita penson et a dar sepultura et graçia et merçede que de todo elo me fasedes, et por serviçio de Deus et desconto meus erros et picados outorgo et conosco que sento et pono por la dita mi casa con todos seus anexos hun aniversario, de cada ano para senpre jamays, de contia de viinte maravedis de moeda vella susodita, de des dineyros o maravedi, que o dito cabilldo et seus susçesores seian tiudos et obligados de me faser et diser, cada ano, en outro dia de San Cosmede et Damiani, que son en setembro, por mina alma et d’aqueles a quen son tiudo sobrela dita sepultura [...] a crus en a vespera con suas campanas tangidas et en o dia segente huna missa cantada en o altar grande con seu responso a a sayda sobre la dita mina sepultura, segun custume dos taes aniversarios do [...] da dita iglesia, o qual para senpre jamays pono et quero que se pague por las ditas minas casas et sino de [...] quenquer que as levar et ouber depoys de meus dias, et o que as morar et cada hun deles seian tiudos et obligados de dar et pagar, de cada ano, os ditos trinta maravedis vellos, ou çinquaenta pares de brancas da dita moeda [...] ou seu valor, como dito he, da moeda que se correr sen outra poja de seu valor, a o colledor dos ditos aniversarios por lo dito dia de San Martino de nobembro, et que non se posa vender, nen enajenar a dita mina casa et orta a ninguna persona salvo con este carrigo dos ditos triinta maravedis, et vendendose que tanto por tanto se venda a o dito cabilldo [...]laver a dita casa et orta et seia sua por lo justo preço, pero se en meus dias ou aquel que pus min as obuer [...] traspasar et por esta penson a o dito cabilldo en outra boa propiedade que eles seian contento ou se [...] contentar de rason non o fasendo por maliçia, que o posa faser, et obligo a as ditas casas et orta a o asy faser et comprir, atender et pagar eu en meus dias et asi todos los que despoys de min vieren et desçenderen et as ditas minas casas et orta ouberen et levaren despoys de min, et logo de cada ano quero que se faga o dito aniversario. Et nos, os ditos senores do cabildo, asi o resçebemos et obligamos a nos et a nosos susçesores de fasermos o dito aniversario, en cada ano, en o dito dia. Do qual nos as ditas partes rogamos et mandamos a Ferrnando Peres de San Jullaao, raçoeyro et notario, que presente esta, que faga delo duas cartas en hun tenor, et huna lançe en o noso tombo et de a vos, o dito Pedro Martines, signadas de seu signo.

Que foy et pasou en o dito lugar, dia sabado viinte dias do mes d’abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et hun anos.

Testigos que foron presentes et outorgantes: Juan Afonso, chantre; Alvaro Dias, arçediano de Sarrea; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Rodrigo Afonso de Rigeyra [...]; Juan Arias de Parrega; Pedro de Mera, Symon Alvares, Roy Dias de Freyxo, Afonso Martines de Galdo, canonigos prebendados.

Et eu Fernando Yanes de Sant Jullao, notario publico da çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que dito he con as ditas testemoyas presente et esta carta de penson, segundo que por ante min paso et por los ditos senores capitolantes foy outorgada, por outro fis escripvir et por ende aqui fise meu nome et signo en testemoyo de verdade que tal he.