GMH/ÍNDICE A-Z

238
1238[1328]

O Cabido de Lugo dóalles a Diego Fernández e a Fernando Arias a comenda do couto de Picato baixo certas condicións.

MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 72v.

Era de mill et CCC LXV[...]. [Sabeam quantos esta carta viren] commo nos don Fernan Aras, dayam de Lugo, et o cabidoo dese [lugar] [...] de Santa Maria, aly hu he acustumado de façermos cabidoo. Damos [...] [Diego Ferrnandes et Fernan Aras], yrmaos, a comenda do couto de Picato, a qual he da iglesia de Lugo, por en todos vossos dias d’ambos con çinquo terças de pan cada anno, a a tal condiçon que vos que defendades a dita comenda, et amparedes de vos et dos vossos et dos outros en maneira que a dita comenda seia deffessa et amparada. Et o moordomo que y andar por lo cabidoo que husse do seu dereyto segundo que husou ata aqui, et non seia por vos nen por outros enbargado, nen estorvado por ninhuna maneira; nen collades vassallos foreyros nen outros homes por que venna dano a a iglesia. Et se por la ventura ambos ou cada hun de vos contra estas cousas sobreditas pasardes, que o cabidoo que possa reçeber a comenda et da-lla a quen por ben teveren. Et nos, Diego Ferrnandes et Fernan Aras sobreditos, asi reçebemos a dita comenda commo dito he et prometemos de a guardar et comprir en todo. Et que esto seia çerto et non venna en dulta nos as partes sobreditas rogamos a Iacome Eanes, notario publico de Lugo, que faça ende façer duas cartas en hun tennor.

Que foron feytas era et dia sobreditos.

Testemoyas que presentes foron: don Fernan Aras, dayam; don Fernan de Deus, chantres; don Aras Peres, thesoreyro; Andres Peres, Lopo Rodrigues, Aras Pellaes, Affonso Gomes, Alvar Dias, Fernam Affonso, Pedro Aras, coengos de Lugo ts., et outros.

Eu Jacome Eanes, notario sobredito, a esto presente foy esta carta en mina presença a rogo do dayan et do cabidoo fiz escrivir et puge en ela meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade. (+).