GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da Terra de Rianxo e Postmarcos

163
1457

-163-

Ares de Vellas, jurado e pregũtado, et çétera, diso que sabía que avía o moesteyro / de Sã Justo543 a metade do casal cõ súas herdades e chantados de / Vilanoua, donde moraua María de Noseda, e a outra metade he / de Costança Garçía, moller que foy do notario da Proua.

Jtem diso que (que) / sabía544 que o dito moesteyro, e a dita Costança Garçía545, avía de aver e lle pertẽesçía a terça parte dos / castineyros de todo o souto de Valmayor e máys castineyros sabjdos ao / moesteyro546 enteyramẽte que puso ẽno dito lugar Domingo Caluo, que era serujçal / de Sã Justo, e que agora que os posee e corta (o)547 Alberte, clérigo, / e548 que deste feyto máys nõ sabía.

Jtem diso549. //

__________

543. Na sobreliña está riscado e Costança Garçía.
544. Despois está riscado que vila.
545. E a dita Costança Garçía está entreliñado.
546. Ao / moesteyro foi engadido despois e na marxe está riscado moesteyro.
547. Despois está riscado clérigo.
548. Antes está riscado e que so.
549. A nota interrómpese aquí e queda baleiro o espacio ata final da liña; logo está redactada unha nova nota tamén inconclusa e riscada: E logo o dito Alberte diso que lle dese por escrito que cousa.