GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

662
1364, marzo, 3. Lugo
O bispo de Lugo concédelle ao Cabido un casal en Barbaín, freguesía de Santa María de Bóveda, e recibe a cambio un casal en Teigueselle, freguesía de Santa Comba.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 114v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, da huna parte, et nos don Ruy Ferrnandes, dayan, et o cabidoo da dita iglesia de Lugo, da outra parte, seendo juntados en cabidoo por campaa tanjuda enno coro da dita iglesia, segundo que avemos de custume, fazemos entre nos tal concanbeo que seia valedeyro para senpre, conven a saber que nos, lo dito sennor obispo, damos et outorgamos a vos, los ditos dayan et cabidoo, para os aniversarios da dita iglesia, hun casal de herdade que he en Barbayn, que fuy de Tereyia Affonso, muller que fuy de Pedro Lourenço, que he sub signo de Santa Maria de Bobeda, con suas pertenenças et dereyturas, casas, arvores et formaes, a montes et a fontes peru quer que vaa. Et nos, lo dayan et cabidoo sobreditos, damos et outorgamos en escanbea a vos, lo dito sennor, hun casal de herdade que he en Teyguesille, sub signo de Santa Coonba, o qual fuy de Iohan Ferrnandes de Bolanno et que el mandou a os aniversarios desta iglesia, con todas suas pertenenças et dereyturas et casas et arvores et formaes, a montes et a fontes, peru quer que vaa.

Et nos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo sobreditos assy reçebemos as ditas escanbeas que nos damos huuns a outros, segundo dito he, et obligamos nossos bees por nos et por nosos suçessores de as faser seenpre de paz huuns a outros, et de non yrmos contra elas en alguna maneyra. Et por esta presente carta nos metemos huuns a outros no iur et propiadade deles segundo que as huuns a outros damos. Et que esto seia çerto rogamos et mandamos a Fernan Garçia, notario publico de Lugo, que fezese ende esta carta.

Que fuy feyta eno coro da dita iglesia de Lugo, tres dias de março, era de mill et quatroçentos et dous annos.

Testemoyas que foron presentes: don Ruy Ferrnandes, dayan; don Alvar Rodriguez, chantres; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarria; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deçon; don Lopo Domingues, arçidiago de Triacastela; don Ruy Gomes, mestrescola; don Johan Dias, thesoreyro; Thomas Gomes, Fernan Peres, Gonçalvo Eanes, Alvar Dias, Fernan Aras, coengos de Lugo, et outros ts. Et eu Fernan Garçia, notario publico de Lugo dado por autoridade do bispo dese lugar, a esto presente fuy et a rogo et por mandado dos sobreditos sennor obispo et dayan et cabidoo esta carta en minna presença fis scripvir en este livro do cabidoo et puge y meu signal en testemoyo de verdade. (+).