GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

820
1380, xullo, 3. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Pedro Gómez e á súa muller e a unha voz o val de Cancelada por renda anual de 300 marabedís mais a obriga de construír unha casa Documentos da catedral de Lugo. Século XIV 979 e plantar tres moios de vide. Deseguido, o foreiro dóalle ao arcediagado de Triacastela un casal en Guntín e outro en Castelo de Cas, e reserva para si o usufruto.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 100v.

Era de mill et quatroçentos et dez et oyto annos, tres dias de jullio.

Sabeam todos que nos Johan Afonso, dayam da iglesia de Lugo, et o cabidoo desa iglesia estando juntados en cabidoo por campaa tangida enno coro desa iglesia, segundo avemos de custume, de outorgamento do onrrado sennor don frey Pedro Lopes da orden dos pregadores por la graçia de Deus, obispo de Lugo, et con outorgamento de don Pedro Aras, arçidiago de Triacastella, que som presentes et outorgantes, damos et afforamos a vos Pedro Gomes de Cançelada, fillo de Martin Gomes que foy de Cançelada, et a vosa muller, Aldara Vaasquez, filla de Pedro Alvares de Ybeas, por vida de vos anbos et de huna persoa depus voso finamento que seia nomeada por lo pustrimeyro de vos em vida ou a tempo de seu finamento, o Val de Cançelada, que he desta iglesia de Lugo, con todo o seu sennorio et con todas las herdades et casas et dereyturas que lle a el perteeçen et perteeçer deven et se con o dito Val usaron ata aqui, et con as herdades dos dous casares de Quindous et de Lamas, que vos agora o dito Pedro Gomes tragedes, que son desta iglesia, con todas suas dereyturas et pertenenças, iures et posisoes deles et con todas las outras cousas que a o dito Val perteeçem, et con a a presentaçon das tres iglesias que son do dito Valle et se con el usaron ata aqui, salvo vesitaçon et correçon dos clerigos das iglesias do dito Val et colaçon delas; a a tal condiçon que vos et a dita vosa muller et persoa tenades o dito Val et casares et herdades et as casas deles em bon paramento et feytas et reparadas, et que dedes de foro delas vos et a dita vosa muller et persoa a o arçidiago de Triacastella que for, de cada anno trezentos moravedis, de oyto en soldos cada moravedi, et pagardes-los em salvo em Lugo de cada hum anno por Pascoa de Resureçon sen outro desconto algun, et que façades huna casa en Moesteyro de pedra et cuberta de traba et con hun sobrado, et ponades y em esta Val vinna que seia tres moyos sementadura por lo moyo pequeno, as quaes casa et vinna avedes de faser et poer de aqui a çinquo annos primeyros, et lavrardes-la et faserdes-la lavrar de aquellas lavores et cavas et sarraduras que lle feser mester, et que a ponades em vosa vida et da dita vosa muller et persoa et non dedes dela renda algua a o arçidiago que for do dito arçidianado de Triacastella, et des y aquelles que ficaren em voso lugar que den de foro da dita vinna, a o arçidiago que for a o tempo do dito arçidianado, a terça parte do vinno que Deus em ela der de cada anno a a bica do lagar por omme do dito arçidiago para senpre jamays.

Et eu, o dito Pedro Gomes, que estou presente asy reçebo o dito foro por min et por la dita mina muller et persoa, et obrigo min et meus bees et seus movilles et rayses para o comprir et pagar asy em todo enna maneyra que dita he. Et por este dito afo980 ramento dou logo a vos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo para o dito arçidianado de Triacastella et para o arçidiago que for del, dous casares de herdade hun a a ponte de Gontin et o outro a o Castello de Caes, que eu y aio et que os aiades por jur de herdade, et eu o dito Pedro Gomes et a dita mina muller et persoa avemos a teer os ditos casares em nosa vida et non avemos deles a dar foro nen renda algua, et a nosso finamento et da pustrimeyra persoa que os ditos casares fiquem livres et quitos et desenbargados et as herdades deles ben lavradas et tiradas de monte, et as casas feytas et em boo paramento a o dito arçidianado et a o arçidiago que for del con o dito Val et jures et casas del, et con hun boy et huna vaca et huna porca porca (sic) de provo em cada casal; et que a dita vina tenamos nos et nosos subçesores depus nos ben lavrada et en boo paramento, et dem de cada anno para senpre a o dito arçidianado et a o arçidiano que for del a terça parte do vinno que Deus em ela der segundo dito he. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta.

Que foy feyta em Lugo era et dias sobreditos. Testemoyas: os ditos senor obispo et dayan et arçidiago de Triacastella; don Gonçalvo Eanes, chantre; don Alvar Dias, arçidiago de Aveancos; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pedro Aras, arçidiago de Neyra; don Aras Peres, arçidiago de Deçon; don Diego Gomes, thesoreyro; don Tomas Gomes, juys; Fernando Peres, et Afonso Fernandes, et Aras Fernandes, et Roy Lopes, et Diego Lopes, coengos de Lugo; et Afonso Yanes, et Jacome Fernandes, et Alvar Fernandes, et Johan Garçia, et Diego Yanes, raçoeyros; Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo, ts., et outros.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo por lo obispo desse lugar, a esto que dito he presente foy et a pitiçon das partes esta carta aqui fiz scripvir et aqui puge meu signo.

Materias

arcediago; arcediago; beneficio; bispo; boi; cabido; campá; canon foral; casas; chantre; cóengo; colación; construción; coro; crego; dignidades; diocese; esposa; esposo; estivada; familia; festa; fidalgo; filla; gando; lagar; licenza; madeira; marabedí; medidas; mesa capitular; montes; muller; notario; obrigación; padroádego; pai; Pascua; pedra; ponte; porca; porteiro; presentación; racioneiro; semente; sogro; soldo; tellado; tesoureiro; vaca; valado; viña; viño; visita; xenro; xuíz; xurisdición; deán

Persoas

Afonso Eanes, racioneiro de Lugo; Aldara Vázquez; Álvaro Díaz, arcediago de Abeancos; Álvaro Fernández, racioneiro de Lugo; Ares Pérez, arcediago de Dozón; Ares Pérez, cóengo de Lugo; Diego Eanes, racioneiro de Lugo; Diego Gómez, tesoureiro de Lugo; Diego López, cóengo de Lugo; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Gonzalo Eanes, chantre de Lugo; Gonzalo Pérez, notario; Lopo Pérez, porteiro; Martiño Gómez da Cancelada; Pedro Álvarez de Ibeas; Pedro Ares de Parga, arcediago de Neira; Pedro Ares, arcediago de Triacastela; Pedro Gómez de Cancelada; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo; Roi Afonso, arcediago de Deza; Roi López, cóengo de Lugo; Tomé González, xuíz de Lugo; Xácome Eanes, racioneiro de Lugo; Xoán García, racioneiro de Lugo; Xoán Afonso, deán de Lugo

Outros

Lugo, cabido

Lugares

Abeancos, arcediagado; Cancelada, San Tomé; Castelo de Caes; Deza, arcediagado; Dozón, arcediagado; Guntín; Lamas, casal; Lugo; Moesteyro; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Pontes de Gatín; Quindous; Triacastela; Ybeas