GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1059
1440, setembro, 30. Lugo

María Fernández véndelle a Fernán Díaz os coutos de Felmil, Damil e o que posúe en Saavedra e en Ribas de Miño por 50.000 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/10, perg. orix., galego, cortesá, 238 x 315 mm.
   

Ano do nasçemento de nosso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quareenta anos, postromeyro dia do mes de setenbro. En a çiudade de Lugo en a casa da [...] das frayras da terçial orden da dita çiudade et en presença de min Arias Peres, clerigo et notario publico da dita çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia de esse lugar, et das testemoyas iuso scriptas Maria Ferrnandes de [...] disso que vendia et vendeu, a Fernan Dias [...] et sua vos, os seus coutos de Felmill et de Dimill con todo o senorio et jurdiçon deles et casales et caseiros et labradores et herdades et bees rayses et outras quaesquer cousas et bees, rendas et dereituras que lle a ela perteesçian et perteesçen en os ditos coutos et cada hun deles et seus terminos, a montes et a fontes, por u quer que fossen sub signo et fiigresias de Santiago de Felmill et de San Salvador de Dimill et con mays a sua parte da herençia que lle a ela perteesçia et perteesçe en terra de Saavedra et de Riba de Mino et casas et bees et iudiçon et senorio dela por parte et herençia de seus padre et madre, Afonsso Lopes de Saavedra et de dona Sancha, por onde quer et en qualquer lugar ou lugares que fossen en a dita terra de Saavedra et de Riba de Mino, et que reçebera et avia reçebido do dito Fernan Dias, que era ausente, et de frey Diego Casas, doctor do Moesteiro de San Françisco de Lugo, que presente estava en seu nome, çinquenta mill maravedis de branca de cada duas brancas por maravedi, en maravedis et en plata et peças d’ouro de que <se> outorgou por entrega et ben paga dos ditos çinquenta mill maravedis de brancas, et que renunçiava et renunçiou a exçepçon do aver non contado, nen visto, nen avido, nen debido et toda outra exçepçon de engano et dereito que en contrario da dita paga et da dita vençon por si ouver nen podese aver, diser nen alegar en juyso nen fora del en nihuna nen alguna maneira, et a ley en que dis renunçiaçon en geeral non valese se esta ley expresamente non renunçia, et con condiçon mays que o dito Fernan Dias dese et pagase o cargo et penson que por los ditos coutos era devido a os Moesteiros de San Françisco et de Santa Maria a Nova da dita çiudade de Lugo que a dita dona Sancha avia mandado los ditos coutos a os ditos Moesteiros, et que tirava et tirou et parteu de sy et de sua vos todo jur et posison et senorio et propiedade et auçon et dereito que avia en os ditos bees rayses et coutos et parte da dita sua herença en a dita terra de Saavedra et de Riba de Mino, et que o poyna et poso todo et traspasou en o dito Fernan Dias et sua vos, et que obligava et obligou sy et seus bees de lle faser esta dita vençon saa et de pas a o dito Fernan Dias para senpre a todo tempo, et outorgou delo este instromento da dita vençon, et rogou et pedeu a min, o dito notario, que o signase de meu signo et o dese a o dito Fernan Dias, ou a o dito frey Diego Casas, doctor en seu nome, o mays çerto et firme que se en dereito podese faser sobre la dita rason. Et o dito frey Diego Casas, doctor, assy mo demandou et se deu signado en nome do dito Fernan Dias por que fasia.

Que foy feyto et outorgado, segundo dito he, en a dita çiudade de Lugo dia et mes et ano sobreditos.

Testemoyas que foron presentes chamados et rogados para elo: Arias Afonso, bacheller en decretos, arçidiano de Triacastela en a iglesia de Lugo; et frey Rodrigo d’Aguiar, gardian do Moesteiro de San Françisco da dita çiudade de Lugo.

Et eu o dito Arias Peres, clerigo et notario publico da dita çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et dele este instromento da dita vençon por rogo et outorgamento da dita Maria Ferrnandes de Bolano et a pedimento do dito frey Diego Casas, doctor, en nome do dito Fernan Dias, que era ausente, et para el scrivi et puge en el meu nome et signo en testemoyo de verdade.

Arias Peres, clerigo, notario de Lugo.

Materias

letrado; aniversario; árbore; arcediago; arcediago; arquivo; bacharel; branca; cabido; cabido; campá; casas; casas; caseiro; censo; censo; cera; chantre; cóengo; convento; coroa; couto; crego; crego; deán; dereito; doazón; doazón; doutor; escudeiro; esmola; esposa; esposo; familia; festa; fidalgo; filla; frade; franciscano; gardián; herdanza; herdanza; horta; labrego; marabedí; mercador; mestrescola; misa; montes; montes; mosteiro; muller; nai; notario; notario; orde dos Irmáns menores; orde terceira; ouro; ouro; pagamento; pai; prata; publicación; responso; souto; tesouro; testemuño; torre; venda; viaxe; viña; vixilia; xurisdición; catedral; freira

Persoas

Afonso López de Saavedra, escudeiro; Afonso López Vizoso; Afonso Martínez de Galdo, arcediago de Abeancos; Afonso Martínez de Galdo, chantre de Lugo; Álvaro Afonso, cóengo de Lugo; Ares Afonso da Pulleira, arcediago de Triacastela; Ares Pérez, notario; Dona Sancha; Fernando Afonso, cóengo de Lugo; Fernando Díaz de Ribadeneira, escudeiro; frei Diego Casas, franciscano; frei Roi de Aguiar, gardián de San Francisco de Lugo; Lopo Díaz de Freixo, mestrescola de Lugo; María Fernández de Bolaño, freira; Nuno González, cóengo de Lugo; Pedro Afonso, cóengo de Lugo; Pedro Fernández de Cela, cóengo de Lugo; Xoán López, mercador; Xoán Martínez, deán de Lugo; Ares Pérez, notario; Martiño Vidal, deán de Lugo

Outros

Lugo, cabido; Santa María a Nova de Lugo, convento; Lugo, cabido; San Francisco de Lugo, convento

Lugares

Aguiar; Bolaño; Damil, San Salvador; Felmil; Felmil, Santiago; Ribas de Miño, antiga xurisdición; Saavedra, Santa María; Saavedra, terra, antiga xurisdición; Santa María a Nova, mosteiro; Triacastela