GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1326
1480, marzo, 10. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalles en pensión perpetua a Xácome Afonso e á súa muller medio terreo edificable na rúa da Ferraría, freguesía de Santiago, por renda anual de quince marabedís e a obrigación de construír unha casa.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 76 r.

Sepan quantos esta carta de çenso et pension viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo chamados por son de canpana, segundo que abemos de uso et de custume, açerca da porta das bobedas de consintimiento et otorgamiento de Diego Vasques, canonigo, foreyro dos bees da Capela Noba, damos a çenso et a pension a vos Jacome Afonso de Vandelo, çarraleyro, et a vosa muller, Aldara Yanes, vesinos de Lugo, reçebentes por vos et por vosos suçesores et herdeyros, para senpre por jur de herdade a metade da huna nosa plaça de casa que he et perteesçe a Capela Noba, que feso et dotou el reverendo padre don frey Pedro Lopes, Obispo que foy desta dita iglesia, que santa gloria aya, con seu saydo. A qual dita medea plaça jas et he sita et locada en esta çiudade de Lugo en a rua da Ferraria, sub o signo da Capella de Santiago, et jas de huna das partes outra plaça de casa que he dos aniversarios a qual agora vos tenedes en pension, et jas en braço con outra praça que he vosa disimo a Deus, que foy de Juan Peres do Portal. A qual dita praça vos damos a pension, segundo dito he, con todos seus dereytos et con todos seus jures et pertenençias et saydas et entradas et serbidumbre et usos, que ha ou debe de aver de feyto ou de dereyto, por maneyra que vos et os que deçenderen de vos posades teer et aver a dita medea plaça et saydo et a casa que en ela for feyta et faser dela et en ela o que quiserdes ben asi como de vosa cousa propia, salvo que a non posades bender, nen dar, nen apensionar a iglesia, nen a monesterio, nen a outro lugar religioso. Et se a quiserdes vender vos ou vosos suçesores, que suçederen en o dereyto dela, a outra persona ou personas que o façades et fazan saber primeyramente a nos, o dito cabildo, ou a nosos suçesores, donde ha avedes et reçevedes, et se o dito cabildo quiser dar tanto por ella como outro con verdade der que seiades et seian tiudos della dar, et que senpre quede en huna persona et non en mays a pagar esta dita pension. A qual dita plaça vos damos et outorgamos a pension, segundo dito he, a tal pleito et condiçion que façades en ela huna casa de sobrados et a mantenades vos et vosos suçesores et herdeyros asi, et dedes dela de çenso et pension, en cada un ano, vos et eles por cada dia de San Martino de nobenbre quinse maravedis de moeda vella, que tres brancas vellas et un dineyro fasen cada maravedi, et que os dedes et paguedes en esta çiudade de Lugo a o foreyro ou coledor que for dos ditos bees da Capela Noba, et cesando de pagar o dito çenso et pension dos ditos quinse maravedis, ou parte deles, por tres anos vos ou vosos suçesores, ou suçesores que suçederen en o dereyto da dita plaça et casa que en ela for feyta, que por ese mesmo feyto pergades et pergan todo o dereyto que a ela abedes et ouberen et se torne a nos, o dito cabildo, et a nosos suçesores.

Et eu, o dito Jacome Afonso de Bandelo, que presente estou por min et por la dita mina muller et herdeyros et suçesores, que suçederen en o dereyto da dita plaça et casa que en ela for feyta, asi o reçebo de vos, o dito cabildo, a dita plaça de casa con seu saydo et entradas et saydas por los modos et maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus bees et da dita mina muller, presentes et futuros, et dos ditos meus herdeyros et suçesores, que suçederen en o dereyto da dita plaça et casa que en ela for feyta, de teer et conprir et gardar et pagar todo o suso contiudo, segundo se en esta carta se conten.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos delo duas cartas por lo notario a juso escripto anbas en un thenor huna para vos, o dito Jacome Afonso, et vosa muller et suçesores et herdeyros et a outra para nos, o dito cabildo, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso seelo pendente a carta de vos, o dito Jacome Afonso.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo en o lugar sobredito, a des dias do mes de março, do ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et oytenta anos.

Testigos que a elo foron presentes et a faser et outorgar esta dia pensyon: Johan Afonso, chantre; Diego Gonçalves de Fonteyta, arçediano de Triacastela; Gomes Garçia, arçediano de Deçon; Gomes Garçia, jues; Gomes Arias, thesoreyro; Diego Vasques, Pedro Martines, Pedro de Mera, Gomes Ferrnandes, Andres Rodrigues, el bachiller, Pedro Ferrnandes de Villafranca, canonigos, capitulantes.

Et eu Afonso Ferrnandes de San Jullao, raçioneyro en a dita iglesia de Lugo et notario publico por la abtoridad del senor Obispo et iglesia dese lugar et eso mesmo notario dos abtos capitulares do dito cabildo, vi et lii esta sobredita carta de pension a qual jasia escripta en as notas et registro do dito Gomes Garçia, arçediano de Deçon et notario que foy do dito cabildo, escripta con sua maao, a qual eu ben et fielmente aqui trasladey et redusi en publica forma non mudando susntançia, en as quaes ditas notas eu suçedi por quanto me foron dadas por los senores do dito cabildo para que delas dese fe asi como o dito Gomes Garçia podera dar, et con mina maao propia la escripvi et aqui puje este meu signo et nome acustumados en testimonio de verdade. Rogado et requerido.

Afonso Ferrnandes, notario.