GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de feudos e Documentacion medieval AHDS

33
1448, noviembre, 12. — Pontevedra

Don Álvaro de Isorna, arzobispo de Santiago, confirma a Vasco López de Ulloa, hijo de Lope Sánchez de Ulloa, la concesión de la fortaleza de Borrajeiros y las feligresías de Santiago de Eidian, Santa María de Berredo, Santa Baya de Artoño, San Payo de Bais, San Pedro de Baíña, Santa María do Val, San Lorenzo de Brántega, San Pedro de Carmoega, San Andrés de Orrea, Santa Comba, San Pedro de Merlín, Santa María de Vilariño, San Ciprián de Esperante, San Pedro de Ferreiroa, San Miguel de Lagiosa, San Julián de Ventosa, Santiago de Lamas, San Cristóbal de Borrejeiros, que le había hecho el arzobispo Don Lope de Mendoza.

B. — Santiago. A.H.D. Leg. 45, fol. 109. En traslado hecho el 11 de julio de 1461 por el notario Álvaro de
Castaneda. Pergamino 30 x 29 cms.
C. — Archivo citado. Leg. 45, fol. 143. Traslado de 13 de marzo de 1464. Hecho del original. Papel.
D. — Mismo Archivo. Leg. 45, fol. 146-148, en traslado de Jácome García 21 mayo de 1589, sobre la copia C.
    Fue presentada en la Chancillería de Valladolid en 1527.

Don Alvaro de Ysorna, por la graçia de Deus e da Santa Igllesia de Roma, arçobispo da Santa Igllesia de Santiago, capelan mayor de noso señor el rey e seu notario mayor do reyno de Lion e do seu Consello, por quanto ante nos foy presentado, e vimos, vn titolo que o señor arçobispo don Lopo, noso anteçesor, que Deus aja, feso a Vaasco Lopez de Vlloa, fillo legitimo de Lopo Sanchez de Vlloa, da nosa casa e fortaleça de Borrajeyros e das nosas fregesias de Santiago de Eidian, e de Santa Maria de Berredo e Santa Alla de Artoño, San Payo de Bais, San Pedro de Bayña, Santa Maria do Val, San Lourenço de Biatega, San Pedro de Carmoega, [Santo Andre do -------], Santa Coonba, San Pedro de Meliri, Santa Maria de Vilariño, San Cibrao de Sperante, San Pedro de Ferreyroa, San Migel de Lagiosa, San Gillião de Ventosa, Santiago de Lamas, San Christovõo de Borrajeyros, que son nosas e da dita nosa Igllesia. Por ende, nos, por fazer ben e merçede ao dito Vaasco Lopes, por la presente aprovamos e ratificamos o dito titolo e merçede a el feito do sobredito, e se necesario he, en quanto podemos e devemos con dereyto, o aprovamos e retificamos e lle fazemos e damos en titolo a dita casa de Borrajeyros et fregesias susoditas, para que as tẽna de nos e da dita [nosa Egllesia], en quanto for fiel e obediente vasalo a nos e a dita nosa igllesia e a nosos suçesores e en quanto nosa merçede e vontade for, segundo o thenor [e forma do dito] titolo e merçede que primeramente delo lle foy feyto, segundo dito he e mays he nosa merçede e vontade, e mandamos que, ocurrente caso, que o [dito Vaasco Lopes], falesça da presente vida, ante que o dito Lopo Sanches, seu padre, que por la semellante maneyra de agora, fazemos de todo elo titolo e [merçed ao dito Lopo] Sanches, seu padre, para que o teña en merçede e titolo de nos e da dita nosa Igllesia por la via e maneyra susodita, segundo que o a[gora ten o dito Vaasco] Lopez; en testimoyo, do qual damos esta nosa carta de titolo, firmada de noso nome e seelada con noso seelo enpendente, [dada ẽna vila] de Pontevedra, doze dias do mes de novenbro año do Nasçemento de Noso Señor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e quorenta e oyto años. [Alvarus, archiepiscopus] Compostellanus. Afonso Perez, secretario de meu señor o arçobispo, a fiz escripvir por seu mandado.
Este he o traslado do sobredito titulo proprio original, que era escripto en pergameno de coyro e firmado do nome do muy reverendo señor don Alvaro de Ysorna, arçobispo que foy de Santiago, que Deus aja, e seelado de seu seelo posto sobre çera colorada, intercluso en çera branca, pendente en corda de thouca e outrosy referendado de Afonso Peres, seu secretario, non raso, nen chançelado, nen en alguna parte de sy suspeytoso e caresçente de todo viçio e suspeuçion, segundo prima facie por el paresçia, o qual, eu Alvaro de Casteenda, notario publico jurado da çidade de Santiago, vii e lii e aqui ben e fielmente fiz escripvir de verbo a verbo concertado con o proprio original do dito titulo e torney en esta publica forma por poder e autoridad, que me para elo deu o benerable e discreto Afonso Yanes da Cruña, cardeal da dita Igllesia e Provisor e Vicario, por lo muy reverendo señor don Alfonso de Fonseca, arçobispo da dita santa Igllesia et arçobispado de Santiago. A qual dita autoridade foy dada por lo dito provisor e Vicario ao dito titulo e traslados que de mi, o dito notario, paresçesen signados para que valuesen e fesesen fe en juiso e fora del asy como o proprio original dondequier que paresçesen, a pedimento e instançia do onrrado cavaleiro Lopo Sanches de Ulloa, vassalo del rey noso señor, que a pedeu ao dito juis e provisor dentro ẽna çibdade de Santiago a onze dias do mes de julio, año del Nasçemento de Noso Señor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e sesenta a vn año, presentes a elo por testigos, Lopo de Monterroso, mercador, e Juan de San Johan, sastre, moradores ẽna dita çibdade, e Juan Preto e Afonso Vidal, clerigos, moradores ẽna vila de Muros, e outros. E por ende puje aqui meu nome e signo, que tal he, en testimonyo de verdad (signum)

* * *

El traslado de 1464 dice lo siguiente:

[En el lugar de Paanbre], estando da fora dos inçintos da casa [forte] eno lugar de Paanbre, que he en terra da Reposteria da diocesis (roto) treze dias do mes de março, ano do Nasçemento de Noso Sennor Ihesu Christo, de mil e quatroçentos e saseenta e quatro (roto) ante Jacome Perez de Monterroso, juiz da dita terra da Reposteria, en presença de min, notario e testigos ajuso escriptos, seendo ende [presentes e es]tando en abdiençia publica e oyendo e librando pleitos, segundo que ha de custume, pareçeu ende presente Sancho de Vllos, [fillo de] Lopo Sanches de Vlloa, vasalo de noso señor el rey, e por min, o dito notario, presentou e feso leer ante o dito juis hũ [titulo da fortaleza] de Borrageyros, feyto por lo señor arçobispo de Santiago don Alvaro d’Isorna, que Deus aja, o qual era escripto en pul[gameo de coiro] e firmado do nome do dito señor arçobispo e seelado con seu seelo e pendente, segundo por el paresçia, do qual seu thenor se este que se sigue:

Copia el documento original

O qual dito titolo presentado e liido ante o dito juis, logo o dito Sancho de Vlloa, diso que por quanto entendia enviarlo a outras partes donde lle conpria e era mester, e se reçelava e temia que se podería perder por roubo ou por furto ou fogo ou por agoa ou por outra algũa ocasion, do qual se poderia requeçer perdida e dano, por ende que el, como mellor podia e devia, que pedia ao dito juis que mandase, a min notario, sacar do dito titollo hũ treslado, ou dous, ou mays, os quel quisese ou mester lle fosen, e signarlos de meu signo e ao tal treslado ou treslados que asy eu o dito notario sacase e signase de meu signo, que dese e enterposese seu decreto e abtoridade para que valuese e fesese fe en juiso e fora da juiso, dondequer que fosen presentados ben e asy como o dito titolo original. E logo, o dito juis tomou o dito titolo en suas mãaos e catouo e levantouo contra o soi, e asy por el bisto e exsaminado, dis que por quanto o via bõo e sãao e non roto nen cançelado, nen en algũa parte del sospeytoso, que achava que devia mandar, e mandou a min, o dito notario, que sacase e fesese sacar do dito titolo, ben e fielmente hũ traslado ou mays, quantos o dito Sancho de Vlloa quisese, e os signase de meu signo e nome e llos dese signados e ao tal treslado, ou treslados, que eu asy sacase ou fesese sacar do dito titolo original, signados de meu signo, conçertados con o dito titolo original, que enterpoyna, e enterposo, seu decreto e abtoridade para que valuese e fesese fe en juiso e fora de juiso, dondequer que presentado fose. E desto, como pasou, o dito Sancho de Vlloa pedeu a min, o dito notario, instormento signado as veses que lle conprise que foy feyto e pasou todo o sobredito, ano, dia e mes e lugar sobreditos. Testigos que foron presentes, chamados e rogados, Vasco das Seixas, Fernand Rodrigues de A[giar], e Nuno Alvares de Sevil e Johan Varela e Diego d’Andrade, escudeiros, e Gonçalvo de Fares, clerigo, e Johan de Santo Justo.
[E eu Alvaro Lopez] de Vilouriz, scripvano de noso señor el rey, e seu notario publico ẽna sua Corte e en todos seus reynos e [senorios a todo esto que dito he], con os ditos testigos presente foy e vy e oy ao dito Sancho de Vlloa, pedyr a dita abtoridade [e decreto e ao dito juiz] darla e autorgarla, segundo e ẽna maneira que dito he e por mandado do dito juis e a pedimento do dito Sancho de Vlloa o dito titolo original ben e fielmente aqui arriba trasladey de verbo a verbo, segund dito he e por ende aqui [fiz] meu signo e nome en testemoio de verdade que tal he Alvaro Lopes, notario. (Signum).

Materias

vasalo; cabaleiro; capelán; castelo; cera; Chancelaría; coiro; confirmación; confirmación; consello real; cordón; escudeiro; familia; feudo; fidalgo; fillo; freguesía; freguesía; herdanza; mercé; mesa arcebispal; notario maior; pai; pergamiño; preito homenaxe; publicación; rei; secretario; selo; título; traslado; traslado; xurisdición; xustiza; Preito

Persoas

Afonso Eáns da Coruña, cardeal de Santiago de Compostela, provisor e vigairo; Afonso de Fonseca II, arcebispo de Santiago de Compostela; Afonso Pérez de Vilamide, secretario; Afonso Vidal, crego; Álvaro de Isorna, arcebispo de Santiago de Compostela; Álvaro López de Vilouriz, notario; Diego de Andrade, escudeiro; Fernando Rodríguez de Aguiar, escudeiro; Gonzalo de Fares, crego; Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela; Lopo de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela; Lopo de Monterroso, mercador; Lopo Sánchez de Ulloa, cabaleiro; Nuno Álvarez de Sevil; Sancho de Ulloa, cabaleiro; Vasco das Seixas, escudeiro; Vasco López de Ulloa, fillo de Lopo Sánchez de Ulloa; Xácome García, notario; Xácome Párez de Monterroso, xuíz de Repostería; Xoán de San Xoán, xastre; Xoán de Santo Xusto; Xoán Preto, crego; Xoán Varela, escudeiro; Álvaro de Castenda, notario

Outros

Santiago de Compostela, arcebispado; Santiago de Compostela, cabido; Santiago de Compostela, arquidiocese

Lugares

A Coruña; Aguiar; Andrade; Artoño, Santalla; Baíña, San Pedro; Borraxeiros; Borraxeiros, San Cristovo; Brántega, San Lourenzo; Cabral, Santa Mariña; Carmoega, San Pedro; Eidián, Santiago; Esperante, San Cibrao; Faies; Gurgueiro, San Miguel; Lamas, Santiago; León, reino; Melide, San Pedro; Muros; Pambre; Pontevedra; Repostería, terra, antiga xurisdición; Roma; San Paio de Bais, San Paio; Santiago de Compostela; Santiago de Compostela, arquidiocese; Santo André; Santo Justo; Sevil; Ulloa; Val de Sangorza, Santa María; Valladolid; Ventosa, San Xulián; Vilariño, Santa María; Vilouriz