GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1044
1437, abril, 10. Lugo

O bispo e o Cabido de Lugo afóranlles a Gómez Yáñez e a dúas voces os lugares e casais pertencentes á mesa bispal na freguesía de San Miguel de Costante, por renda anual dunha carga de pan o primeiro beneficiario e dúas cargas as voces, máis outras obrigacións.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/3, perg. orix., galego, cortesá, 302 x 340 mm.


   

Sabeam quantos esta carta de foro virem como nos don Alvaro Osorio por la graça de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, con outorgamento et consentimento do cabidoo da nosa iglesia de Lugo estando juntados en o noso cabidoo, avida enformaçon verdadeyra de como os casares et lugares a nos, o dito senor Obispo, et a nosa mesa obispal perteesçentes en a flegesia de San Migel de Costante, hun chamado da Torre de Fargoos et ho outro chamado do Vilar, os quaes iouberon et iasen grant tenpo ha en canpo et en ermo et silvar et monte et non teen casas nehuas feytas, et veendo et entendendo que he serviçio noso et probeyto da dita nosa mesa obispal, aforamos a vos Gomez Yanes de Costante et a outras duas personas depus vos huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tenpo de voso finamento, et a outra qual nomear aquel ou aquela que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que se entenda seer persona do dito foro aquel ou aquela que herdar a mayor parte de vosos bees con dereyto, a tal pleito et condiçon que labredes et paredes ben os ditos nosos lugares et os tiredes de monte et silvar et de canpo donde iouberen, que seia sen maliçia, vos et as ditas personas depus vos, et avedes de façer en estes primeyros quatro anos duas casas lousadas, huna delas en o dito nosso lugar de Torre et a outra casa en o dito lugar chamado do Villar, et se mays casas queserdes faser en os ditos nosos lugares que as façades se queserdes que seian pallaças; et avedes de dar de foro de cada hun ano vos, o dito Gomes Yanes, en vosa vida cada ano dos ditos lugares huna carrega de pan, et depoys pasado vos, o dito Gomes Yanes, desta presente vida han de dar as outras duas personas depus vos duas carregas de pan a nos et a nosa mesa obispal; et avedes vos et as ditas personas de seerdes vasalos serventes et obedientes nosos et de nosa iglesia et de nosos suçesores; et os caseyros que poserdes en os ditos nosos lugares et labraren as herdades deles an de seer defesos et anparados de todas moedas et pedidos et peytos que vieren, segundo foren os outros nosos caseyros da nosa iglesia et mesa obispal; et a pasamento da pustremeyra persona que os ditos nosos lugares et casas fiquen libres et quitos a a dita nosa iglesia et mesa obispal con todos los boos paramentos et melloramentos que en eles foren feitos.

Et eu, o dito Gomes Yanes, que presente estou por min et en nome das ditas personas asy o resçebo de vos, o dito senor Obispo, o dito foro et obligo meus bees et seus delas de guardarmos et pagarmos et conplirmos todo esto que sobredito he. Et nos, o dito senor Obispo, con consentimento de noso cabidoo asy vos lo outorgamos, et en testimoyo desto mandamos dar esta nuestra carta firmada de noso nome et seelada con noso seelo et signada de noso notario publico.

Feyta en a nosa çibdat de Lugo, a des dias do mes de abril, ano del nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et treynta et sete anos.

Testemoyas que foron presentes Ferrnand Yanes da Nos, arçidiago de Triacastela; et Lopo Dias do Freyxo, mestreescola; et Johan Monteyro, juez; et Juan Garçia de Melgosa, thesoreyro; et Nuno Gonçalves, et Alvaro Afonso Jaco, et Gomes Vaasques, et Rodrigo Afonso, et Pedro Afonso, coengos; et Rodrigo Afonso das Camoyras, et Afonsso de Laredo, et Rodrigo Afonso, clerigo do coro de Lugo; et Johan de Villalobos, et Alvaro Lopes, mercador en Lugo. Va escripto sobre raydo o dis dos que eredar a mayor parte, non enpesca.

Alvarus, lucensis episcopus.

Et yo Pedro Ferrnandes de Valladolid, escrivano de nuestro senor el Rey et su notario publico en la su Corte et en todos los sus Reynos et secretario del dicho senor Obispo, fuy presente a todo lo sobredicho con los dichos testigos et por mandado del dicho senor Obispo et ruego et otorgamiento del dicho Gomes Yanes esta carta fis escrivir et por ende fis aqui mio signo en testimonio de verdad.