GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

145
1323, marzo, 12
testamento

Cláusulas do testamento de Gonzalo Iáñez.

ACOu, Clérigos do Coro, 129

Eno nomme de deus amen. Eu Gonçalvo Eanes, sobriño de meestre Maçia meestrescola da igleia d’Ourense, jasendo (...) grande infirmidade eno meu corpo pero con todo meu sisso e con todo meu entendemento conprido, temendo que depoys de myña morte ontre alguuns recreçeria contenda sobre los meus beens que mina fasenda fique ben ordenada, por ende faço e ordino delles meu testamento e mina postromeira voontade valedeira para senpre. Primeiramente dou a myña alma ao meu señor Ihesu Cristo etç. Iten mando para por senpre a Santa Ouffemia o meu quiñon dos diñeiros que me an a dar de foro do herdamento de Melees por myña alma, e os capellaens desse lugar que me aian senpre emente nos domingos e nas festas en suas oraçoens e benfeytorias desse lugar, etç. Et faço herees en todollos meus beens a (Maria) Gonçalves myña filla e aquela creatura que trague Tereija Martines myña moller, fillo ou filla qual deus y der. Testemunyas que a esto chamadas e rogadas presentes foron Pero Rodrigues d’Ourille, Fernan Peres de Couçada capelan da capela de Santa Ofemea, Pero (Nunes) capelan e Maçia Lourenço clerigos do coro d'Ourense, Johan Fernandes dito fur… de Velle, Lourenço Anes de Esgos, Johan Lourenço seu fillo, Lourenço Paas, Andres Suarez omes de Pero Afonso coengo, Domingo Iohanis morador en Teymeende.

Et eu Domingo Fernandes publico notario d'Ourense pola igleia dese lugar que a todo esto chamado e rogado do sobredito Gonçalvo Yanes presente fui e por mandado e outoridade de Afonso Viviaez coengo e chançeler da çibdade d'Ourense este testamento en mina presença fiz escrivyr e meu signal y puge en testemunyo de verdade.

Este é tralado de hunas claussulas do testamento sobredito de Gonçalvo Yanes feyto por min Domingo Fernandes notario sobredito e signado de meu signal, o qual tralado dentrelas outras cousas do dito testamento eu notario ia dito de vervo a vervo escrivi e tirey por mandado e outoridade de Pero Affonso coengo e vigario geeral do onrrado padre e señor don Gonçalvo pola graça de deus bispo d’Ourense e a petiçon de Fernan Peres capelan de Santa Oufemea e meu signal y puge en testemunyo de verdade. Testemunyas Martin Peres (sabamon), Pero Fernandes clerigo, Johan Casado omes do dito vigario, Johan Peres Pissacasca, Domingo d’Agiar carniçeiro. xii dias de março, era mill e ccc lxi.

(sinal)

[reverso] Carta de Mellees.