GMH/ÍNDICE A-Z

178

1459, abril, 19. Vilamaior-Mondoñedo.
Adxudicación da presentación de Triabá a favor do Cabido cedida por Maior González de Guillade, viúva de frei Xoán Rodríguez, en virtude da sentencia do vigairo xeral, en sé vacante, a teor da declaración das testemuñas que llo oíran antes do seu falecemento.
A, papel, con signo notarial de 432 x 292 mm. Letra cortesá.

Saban quantos este publico instrumento viren commo enna çibdade de Vilamayor aa porta pequena da / iglesia cathedral dela a dez et noue dias do mes de abril anno do nasçimento do noso sennor Jesucristo / de mill et quatroçentos et cinquenta et noue annos et seendo a judgar os pleitos da vespera do dito / dia ho honrrado don Lopo Lopes de Aguiar arçediano de Azumara enna dita iglesia vigario geeral enno / espirtual et tenporal enna dita iglesia et obispado de Mondonedo see vacante et en presença de min Diego Arias / de Solis notario apostolico et real et das testemoyas de juso nomeadas paresçeu ende presente Gonçaluo Yanes canoigo / da dita iglesia commo procurador dos sennores dean et cabildo da dita iglesia et en seu nomme diso que pedia et pedeu / ao dito sennor vigario que por quanto agora en este presente mes avia pasado desta presente vida en Vilamor Moor Gonçales de Guillaade muller que fora de Frey Juan Rodrigues defunto moradores enna dita feligresia de Vilamor ha / qual auia feito sua manda et testamento et avia en el mandado ao dito cabildo çertas mandas segundo que auia / pasado por Vasco Fernandes de Cabaneiro vesino desta çibdat commo notario et que el era çerto que allende da tal manda que / fora sua voontade de dar et mandar mays ao dito cabildo todo o seu padroadego que ela tinna et lle pertenesçia / et posuya enna iglesia de santa Maria de Triauaa et que por non auer notario que lle lo mando por testemoyas hos quaes di/so eran frey Lopo de Moymenta conuentual do monesterio de Vila Lourente seu herdeiro et conplidor da dita / Moor Gonçales et Juan Yanes clerigo de santo Andre de Loboso que etauan presentes et soubese deles la verdat sobre elo / et asi sabida por sua difinitiua sentença adjudicase ao dito cabido et a el en seu nomme o dito padroadego et / logo lle lo mandase dar en publica forma para guarda do dito cabildo. Et o dito sennor vigario feso pregunta aos / ditos frey Lopo et Juan Yanes se foran presentes a la passion da dita Moor Gonaçales et cada hun deles diso que si et / logo o dito sennor vigario mandolles poner as suas manos sobre la sennal da crus que corporamente tanjeron / et a las ordenes de san Pedro et san Pablo que auian reçebido que diran la verdade do que lle oyran sobre o dito / padroadego et deytada sobre eles et cada hun deles a confasion do dito juramento en forma juris cada / hun deles por si diso que si juro et amen et enno soltando o dito Juan Yanes clerigo diso que vira et oyra diser / aa dita Moor Gonçales estando en seu boo siso et entendemento que de mays do que auia mandado en seu testamento ao ca/bildo da dita iglesia cathedral que lle daua et outorgaua para senpre o jur propiedat et sennorio de todo o seu / padroadego que ela posuya et auia enna iglesia de santa Maria de Triauaa que he enno arciprestadgo de Aguiar des/te obispado et que mandaua a frey Lopo seu conplidor et heredeiro que lles lo desenbargase logo et que si lo da por / çerto. Et logo o dito frey Lopo que era presente a lo que o dito Juan Yanes declaro diso que era verdade todo commo / lo disia o dito Juan Yanes que el sabendo ben sua voontade et entençion da dita defunta et porque era serui/ço de Deus por ende que el commo seu conplidor et heredeiro et desenbargando sua conçençia diso que desde agora lle / daua et leyxaua todo o dito padroadego que ela tinna auia et posuya enna dita iglesia de santa Maria de Triauaa / con las rendas et dereyturas a el perteesçentes et con todo o jur de apresentar cada et quando vacasen os clerigos / o clerigo da dita iglesia et segundo que a ela perteesçia encargando sobre elo a conçençia do dito cabildo et persoas / del para que cunplan o por ela mandado en sua manda et testamento. Et logo o dito sennor vigario diso que por el / visto as ditas declaraçoes que achaua et achou perteesçer todo o dito padroadego et dereyturas del et a el per/tenesçentes enna dita iglesia de santa Maria perteesçer enteramente ao dito cabido et sennores del perpetuamente / por jur de herdade con o jur et senorio de apresentar clerigo cada et quando contesçiese vacar et por ende / que lles lo adjudicaua et adjudico et mandaua et mando en vertude de santa obediençia et so pena de exco/munion a los clerigos et quinoneyros da dita iglesia et moradores et pobladores dela que do dia dia (sic) que esta carta / de sentença lles for liuda et publicada enna dita iglesia de santa Maria de Triauaa en dia de domingo ou festa a la / misa do dia fasta tres dias primeiros seguientes dian la posison do dito padroadego et recudan con las rendas / et dereyturas del et a el pertenesçentes et deuidas ao dito Gonçaluo Yanes procurador do dito cabildo et a qualquer outro / procurador do dito cabido et asimesmo dende endiante para senpre et fasendo lo contrario trina canonica moniçione / premisa passado o dito termino et eles non lo conplindo ou non paresçendo a dar por si rason legitima por que lo / non deuan faser poso en eles et en cada hun deles sentença de excomoyon ennos presentes escriptos et por eles. Et o dito / Gonçalo Yanes enno dito nomme pedeulo por testimoyo et o dito sennor vigario mandollelo dar. Do qual foron testemoyas presentes / rogados para elo Gonçalo Peres de Labrada et Ruy Gonçales et Diego Afonso coengos da dita iglesia et Juan de Traba/da alfayate et Pedro Vasques et eu Diego Arias notario anbos et outros. Feito dia mes anno et logar susoditos.
Et eu o dito Diego Arias de Solis da diocesis de Oviedo nota/rio publico por las autoridades apostolical et rayal que a todo / ho sobredito en hun con has ditas testemoyas ante o dito se/nnor vigario que aqui en esta carta firmo seu nome ajuso de meu signo / et nomme en minna presença presente fuy et por seu mandado et / de outorgamento do dito frey Lope herdeiro et conplidor da dita Moor Gonçales / defunta et de pedimento do dito Gonçalo Yanes procurador do dito / cabido lo escriui et va testado o dize dia et va emmendado o dize premissa valla et en testimonio de verdade fiz aqui este / meu apostolico signo a tal (Signo, debaixo do cal se atopan dúas sinaturas: Diego Arias notario apostolico (Rúbrica). Luppus capitularis(?) vicarius archidiaconus. (Rúbrica).