GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

8
1292, outubro, 29

condonación

O bispo Pedro perdóalles a dona Maior e dona María Moniz, fillas de Munio Fernández de Rodeiro, os froitos que deben dunha viña e dous casais en Santa María de Xuvencos, e unha renda de recoñecemento, a condición de liberaren os ditos lugares.

ACOu, Bispo, 90

(ed. M. B. Vaquero Díaz / F. J. Pérez Rodríguez, Colección documental del archivo de la Catedral de Ourense, II, 524-525, doc. 676)

Eno nome de deos amen. Sabian quantos esta carta viren que nos don Pedro pela graça de deos bispo de Ourensse quitamos a dona Mayor Moniiz e a dona Maria Moniiz fillas que foron de don Monio Fernandez de Rodeyro, todalas proes e todolos novos que elas levaron da seara da vina que chaman dos Lameyros, que iaz na fiigresia de Sancta Maria de Juvencos e de dous casares derdade que iazen en essa fiigresia delo tenpo que elas entraron esta seara e estes casares a morte de sua madre dona Mayor Affonso que fuy ata aqui, a qual seara e os quaes casares son da igleia de Ourensse. Et quitamos lles os emprazamentos da renda que essa sua madre dona Mayor Affonsso avia a dar cada ano de conocença ao bispo de Ourensse dos ditos herdamentos. Et todo esto lles quitamos que elas des aqui endeante nen sua voz non embarguen a nos nen a nossos successores os herdamentos sobreditos nen os froytos deles. Et se por ventura elas ou seus maridos ou a voz delas veeren a embargar esta seara e estes casares por si ou por outre que salvo fique a nos e a nossos successores todo o nosso dereyto que possamos demandar e aver todalas proes e novos que elas levaron da dita seara e dos ditos casares delo tempo que os entraron ata o dia da era desta carta e que nos poderamos levar se fossemos teendor da dita seara e dos casares sobreditos. Et que salvo nos fique todo o nosso dereyto de demandar a renda que a sobredita sua madre dona Moor Affonsso avia a dar cada ano ao bispo d’Ourensse de conocença dos herdamentos sobreditos delo tenpo que a sobredita dona Moor Affonsso tevo os herdamentos sobreditos que essa renda non pagou. Et que esto seia firme e non veña en dulta mandamos ende fazer por Gomez Eanes notario de Ourensse que era presente e perante as testemuyas suescritas duas cartas partidas por .a.b.c. assi que teñan ende a huna as sobreditas dona Moor Moniiz e dona Maria Moniiz e nos a outra. Feyto fuy esto en Ourensse, viinte e nove dias doytubro, era de mill e ccc e xxx anos. Testemuyas que foron presentes a esto meestre Pedro dayan, don Pedro Ordonez chantres, don Pedro Gualvan arcidiago de Limia ena igleia d’Ourensse e Pero Vasquez de Ambia coengo desse lugar de Ourensse.

Et eu Gomez Eanes publico notario de Ourensse chamado de nosso señor o bispo fuy presente a esto e escrivio e puge y meu sinal.

(sinal)

[reverso]          Cartas ontre o bispo e dona Moor

                        Moniiz e dona Maria Moniiz sobrela seara

                        e sobrelos casares de Juvencos.