GMH/ÍNDICE A-Z

115

febreiro, 24

Roi Pérez, clérigo de Santa María de Torán, afora a seis voces a Pedro Anes e á súa muller Costanza González, moradores en Torán, todos os terreos pertencentes á súa igrexa nese lugar, coa condición de que poñan viña onde non haxa e paguen quinta. (fol. 36v)

Feita e dada.Carta de Pero Yanes, pagadas X brancas.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu, Roy Peres, clerigo de Santa Maria de Tooran, con liçençia de Alvaro Fernandes, coengo enna igleia d’Ourense et vigario da Terra do Cabiidoo, que me da liçençia para esto que se adiante sige etç. dou et outorgo, aforo a vos Pero Yanes que sondes presente et a vosa moller Costança Gonçalves, moradores en Tooran, et a seys voses apus vosa morte etç. Conben a saber que vos aforo os todos los tarreos que perteesçen a dita igleia de Santa Maria de Tooran et a su a torre enna seara de su a torre, por tal condiçon que chantedes de viña os ditos tarreos os que non estan chantados et que os labredes etç. e façades del foro de quinta a min et aos reytores que despois de min foren da dita igleia etç. a qual novidade colleredes por meu mayordomo etç. e non e do al de disemo a deus etç. e non faredes manda etç. e obrigo os da dita igleia etç. et eu, o dito Pero Yanes, obrigo meus beens de chantar os ditos tarreos et de faser o dito foro de quinta etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Gomes de Canba clerigo do coro da igleia d’Ourense \Et eu o dito Alvaro Fernandes/ que son presente asy dou a dita liçençia e autoridade con juramento que sobre elo saqey etç. Tests. Gomes Gonçalves de Canba clerigo do coro da igleia d’Ourense et Joan do Bouteiro et Pero dos Santos criado de Nuno Gonçalves d’Allaris. ( fol. 36v)