GMH/ÍNDICE A-Z

D180
1459, maio, 9
Pedro de Santa Cristina vende a Álvaro Meilán, mercador, o lugar de Escalada de Cima, que ten aforado do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, por trinta dobras de ouro (pagadoiras en tres prazos anuais) e unha capa, así como os foros ao dito mosteiro. (fols. 55-56)

Carta de Alvaro Meyllan.

Sabean quantos esta carta de venda viren como eu Pero de Santa Cristina, çertificado et aperçebydo de todo meu dereito et non endusido por outra força, premea nen engano alguun, mays de meu praser et propia e livre et vontade (mays de)* vendo firmemente et logo por esta presente carta entrego a vos Alvaro Meyllan mercador que sondes presente et a vosa moller Tereija Anes que non he presente, por lo tenpo e voses que o eu teno aforado do mosteiro de Santa Cristina de Riba de Sil; conben a saber que vos vendo o meu lugar da Escalada de Çima, que jas ennas freigesías de Santa Marina de Parada et de Santa Maria de Chan de Iglesia; vendo vos o dito lugar con todas suas casas et viñas et erdades et arvores e soutos et cortynas e pastos, a montes et a fontes et con agoas correntes et vertentes et con todas suas entradas et seydas et dereitos e jures et perteesças por hu quer que os aja et deva aver de dereito, por çerto preço que a vos et a min aprouvo de me de conpra dardes por lo dito lugar, conben a saber triinta dobras douro de la vanda et de peso, a rason de çento et quatro mrs. cada dobra, as quaes me avedes de dar et pagar logo as des dobras et as outras des dobras doje a hun anno et as outras des dobras dende a outro anno primeiros sigentes et mays huna (de)* capa que (valla)* de panno que valla dosentos mrs. vellos et que pagedes mays de cada hun anno os foros ao dito mosteiro de Santa Cristina segundo que eu soon tiundo et obrigado (fol. 55)
de que avedes de pagar de cada anno hun moyo de viño et huna porcalla et seseenta mrs. vellos, et do al vendo vos o dito lugar de disemo a deus livre et quite de todo outro tributo, çenso et encarrego alguun et he posto condiçon
que se eu ouver mester as outras viinte dobras para meus mesteeres ante deste tenpo ou para meu casamento ou para outro caso alguun fortetuyto, que me die-des e pagedes as ditas viinte dobras como voslas demandar, sopenna de a dita venda seer nehuna, et se mays val de conpra o dito lugar que as ditas triinta dobras a rason dos ditos çento et quatro mrs. cada dobra, dou vos o mays en pura doaçon legytima et verdadeira et valledeira para por senpre segundo que doaçon mellor et mays conpridamente pode seer dada ontre vivos et mays de dereito deve valler, por moytas boas et graças et ajudas que de vos ajo reçebydas et logo todo jur, dereito, senorio, posison, propiadade, vos et auçon que eu et todas minas voses ajo et teño enno dito lugar da Escallada, todo o tiro et remo et parto de min et de todas minas voses et o poño, dou et traspaso en vos o dito Alvaro Meyllan et enna dita vosa moller et en vosas voses porlo tenpo et voses que o eu teño et por esta presente carta vos pono, meto et apodero enna teença et posison corporal do dito lugar sen mays alcallde nen juis nen outra justiça para elo seer chamada et obrigo todos meus beens movelles et reyses, avydos et por aver para vos faser (fol. 55v)
saao et de pas o dito lugar et para vos defender con el a dereito, et renunçio que nonca desto diga o contrario et a todaslas leys et dereitos, et qual quer da miña parte como da estrana que vos contra esta carta de venda e contra as cousas en ela contiundas quiseer yr ou pasar en parte ou en todo aja a yra de deus conpridamente et a miña maldiçon et de mays que peyte a vos et a vosos erdeyros por nomme de pena çen frolliins douro et a vos del rey outros tantos et a dita pena pagada ou non esta carta et as cousas en ela contiundas fiquen firmes et vallan para senpre, et eu o dito Alvaro Meyllan asy reçebo en min o dito (lugar)* vendido o dito lugar da Escallada de vos o dito Pero de Santa Cristina porlas maneyras et condiçoes que ditas son et para vos pagar as ditas triinta dobras ao dito preço et a dita capa et pagar os ditos foros ao dito mosteiro et abade e conprir et agardar todaslas cousas et condiçoens que en esta carta son contiundas et de o teer, conprir et agardar todo asy su a dita pena, para o qual obrigo a min et a meus beens. Feita a carta enna çidade d’Ourense, nove dias do mes de mayo, anno domini Mº CCCC LIX annos. Tests. que foron presentes Joan Cortydo rejedor et Gonçalvo das Quintaans et Roy Meyllan, vesiños da dita çidade. (fol. 56)