GMH/ÍNDICE A-Z

98

1351, abril, 5. Vilamaior-Mondoñedo.
Convenio entre o cóengo Roi Díaz, rector da igrexa de Santa María de Viveiro, e Alonso García, rector da de Santiago da mesma vila, sobre enterramentos nesta última igrexa.
A, perg., con orificios do cordón do que pendeu o selo, de 275 x 280 mm. Letra semigótica.
Ed.: e. cal pardo: “De Viveiro en la Edad Media”, op. cit., pp. 137-138.

Sabean quantos esta carta viren commo nos Ruy Dias coengo de Mendonnedo et clerigo de santa Maria de Uiueiro et Affonso Garcia / clerigo et rettor da iglesia de Santiago dese lugar con outorgamento do dean et cabidoo da iglesia de Mendonnedo fasemos entre nos / tal conpustura et avenença por nos et por nosos sucçessores que ualla para senpre conuen a saber que por rason de sepultura que agora / non ha a dita iglesia de Santiago porque era da iglesia de santa Maria et por quanto noso sennor obispo outorgou agora sepultura / aa dita iglesia de Santiago a pedimento de nos anbos et do dean et cabidoo da iglesia de Mendonnedo eu o dito Ruy Dias por / min et por meus suçessores et o cabidoo de Mendonnedo ou seus rendeyros leuemos a meetade enteyramente de todo aquelo que os frigreses / de Santiago que se sepultaren enna sepultura dese lugar leyxaren aa dita iglesia por sepultura et a meetade da offerta da/quel dia que se sepultaren segundo que leuaua a meetade do quarto dos que se sepultauan ennos moesteyros. Et por esta conposiçon et / avenença que non seia en preuidiçio aa dita iglesia de santa Maria et aos clerigos della para adeant para os que veeren de fora da vila que / non seian y moradores que se finaren et non scolleren sepultura et os outros que morreren sen sua falla et non scolleren sepultura / que se sepulten enno çimiterio de santa Maria et quanto dos mooços pequenos da fegresia de Santiagio de Viueyro que se finaren / sen testamento que os sepulten ally hu lles seus padres ou suas madres escolleren as sepulturas se non que se sepulten / enno çimiterio de santa Maria selles non escolleren a sepultura. Et as mandas que se partan como se soyan partir dantigo. / Et pedimos a noso sennor obispo don Afonso que he presente que outorge esta sepultura aa dita / iglesia de Santiago de Viueiro. Et nos don Alfonso, por la graça de Deus et da santa iglesia de Roma bispo de Mendonnedo beendo / que esto he boa obra et prol da iglesia et cabidoo de Mendonnedo et a uoso pedimento et outorgamento do cabidoo que he presente / por canpaa taniuda segundo he de huso et custume et a pedimento deles asy outorgamos a dita conpustura entre os ditos / Ruy Dias et o dito Affonso Garcia et outorgamos que a dita iglesia de Santiago de Viueiro aia daqui endeante sepultura para os que se / en ella queseren enterrar et mandamos dello dar ao dito Affonso Garcia hua carta seellada con noso seello. Et / desto en commo pasou o dito Affonso Garcia pidio a min notario que lle dese dello un stormento signado con meu signal et / pidio ao dean et cabidoo que llo mandase seellar con o seu seello pendent et o dito dean et cabidoo mandaronllo [...8]. / Feyto en Villamayor cinco dias de abril Era de mill et tresentos et oytaenta et noue annos. Testemoias don Rui Sanches dean / don Pedro Ares maestrescola don Gonçaluo Peres archidiacono de Montenegro don Ruy Fernandes chantre Beito Martines Ares Peres Garcia Peres Francisco / Eanes Pedro Afonso coengos de Mendonnedo et outros. Et eu Lopo Eanes raçoeyro et et notario publico jurado dado do bispo en Vilamayor et en / todo obispado de Mendonnedo et enno cabidoo da dita iglesia con las testemoias sobreditas a esto presente foy et esta carta que en minna pressença fis escriuir puge / y meu nome et meu signal acostumado que tal he en testemoio de uerdade que foy feita enno dito lugar o dia et mes et Era sobreditos et por as ditas / testemoias et a pedimento do dito Affonso Garcia et uay seelado con lo seelo do dito cabidoo. (Signo).

(Reverso):
M. iiii- nº 48. Conpostura que passo entre Santiago y Santa Maria de Viuero.