GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

110

1371, xuño, 24. Viveiro.
Traslado notarial (1384) dunha carta do bispo mindoniense don Francisco (1367-1393) e dunha intimación feita ó concello de Viveiro sobre a presentación de “cobros” para a designación de alcaldes da vila.
B1, perg., con selo notarial, de 295 x 175 mm. Letra semigótica.
B2, perg., do ano 1419: Arm. 8, n.º 141, fol. 4v.

Enna iglesia de Santiago de Biueiro bynte et quatro dias de juyo Era de mill et quatroçentos et noue / annos seendo enna dita iglesia de Biueiro juntados hua gran parte dos hommes boos do dito lugar / de Biueiro con seus alcaldes Gonçaluo Galo Pedro Arteiro Juan Afonso de Çeruo con seus jurados Aluaro Pellaes Baasco Peres Affonso Eanes de Balcarria Affonso Peres Sasido et Johan Martines de Purto/chao en presença de min Iohan Vidal notario publico del Rey en Biueiro et das testemoyas adeante / scriptas Gomes Peres homme do onrrado padre et sennor don Francisco, por la graça de Deus / et da santa Iglesia de Roma bispo de Mendonnedo mostrou et feso leer aos ditos / hommes boos et alcaldes et jurados hua carta do dito sennor obispo firmada de seu / nome et seellada de seu seello ennas espaldas da qual o tenor este he que se sigue:/
Conçello et hommes boos da bila de Biueiro. Nos o bispo de Mendonnedo bos enbiamos / moyto soudar fasemosbos a saber que nos queseramos yr allo por esta festa de San / Iohan et demandar os cobros segundo auemos de custume et non podemos alo yr por / quanto somos conbidado d-Aluaro Peres d-Osoiro para seer seu conpadre pero se nos queserdes / os cobros faser yremos alo depois et entre tanto enbiamos allo a Gomes Peres / noso homme que o proteste et bos teede por ben de lle dar aquella resposta que enten/derdes que he perteesçente. Et Deus uos de bida et soude. Escrita en Bilamaior xviii dias / de juyo Era de mill et quatroçentos et noue annos (1371). Franciscus episcopus.
Et liuda o dito Gomes Peres / en nome do dito sennor obispo frontou et protestou contra os ditos hommes boos et alcaldes / et jurados que teuesen et conprissen o dito custume. Et por quanto por la dita festa / de San Johan eran thiudos de dar cobros de alcaldes ao dito sennor obispo en / cada un anno que teuesen por ben de los dar para el tomar quaes queser segundo / era de custume. Et se o asy faser et conprir quesesen que farian ben et dereito et / conpririan o dito custume et se o faser non quesesen que protestaua que non fose perjudiçio / do dito sennor obispo et que por elo non perdese o dito custume nen correse tenpo / et protestaua de o auer et cobrar o dito sennor obispo con as custas <et> interesse et / pedia testemoyo para guarda do dito sennor obispo et del en seu nome. Et os ditos alcaldes / et jurados et ommes boos diseron que bian et oyan a dita carta do dito sennor obispo / et que eles non estauan a tenpo de dar taes cobros nin los podian dar / por quanto aqui estaua en este lugar por alcalde del rey Fernando Peres d-Andrade / que quando aqui era posto por el rey alcalde que eles non podian nen eran acustu/mados de faser alcalde de foro nen de dar taes cobros et por ende / que os non podian dar mais quando aqui non ouuese alcalde del rey et / elles ouuesen a faser alcalde de foro que elles guardarian o dito custume ao / dito sennor obispo et que lle darian os ditos cobros et que lle ficase sobre elo / a saluo todo seu dereito et que en outra maneira que non eran thiudos a dar / os ditos cobros. Et o dito Gomes Peres diso et protestou en todo commo de / suso et que pedia testemoio. Testemoias Martrin Eanes de Balle et Gonçaluo Peres et Pedro Fernandes notarios / Affonso Fernandes Sasido Diego Peres de Canba Gonçaluo Peres et Johan de Ben mercaderes / Domingo Peres de Lago et outros. Et eu Johan Bidal notario publico sobredito del rey en Biueiro /que a esto presente foy et en minna presença este testemoyo fis scripuir a pedimento do dito Gomes / Peres et puge aqui meu signal que tal he en testemoyo de berdade.
Este he o traslado do dito / testemoyo o qual era feito enno tenor sobredito et scripto en papel et signado de /signal do dito Johan Bidal notario segundo por el paresçia et o qual eu Diego Fernandes notario / publico del rey en Galizia bin et liin et o qual ben et uerdadeiramente de ueruo / a ueruo por mandado et autoridade de frey Affono, bigario de Mendonnedo et / a petiçon do dito sennor obispo con minna mao propia trasladey et en el puge / meu nome et sinal que tal he en testemoyo de uerdade rogado et requerido. Feito / este dito traslado enna cibdade de Billamayor xxvii dias de janeiro Era de mill / et quatroçentos et bynte et dous annos (1384). Testemoyas que foron a elo presentes Fernando / Fernandes raçoeiro de Mendonnedo Lopo homme do dito bigario Affonso Fernandes et Johan Affonso moradores en / San Jullao de Cauarcos Lopo Yanes morador en Balboa et outros. (Signo).

(Reverso):
Requerimiento que feso el obispo don Francisco al conçello de Vibeiro que lle desen os cobres para faser os alcaldes en la dicha villa.