GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

145

1427, decembro, 27. Vilamaior-Mondoñedo.
Mandamento do vigairo xeral do bispado de Mondoñedo Pedro Mariño de Lobeira en virtude do cal agrega á Mesa Capitular os beneficios simples que estivesen vacantes e fosen de presentación do Cabido, para custea-los danos ocasionados polos incendios de Viveiro, Ribadeo e Vilamaior-Mondoñedo.
A, perg., de notable beleza, con signo notarial, de 240 x 360 mm. Letra semigótica caligráfica.
Ref.: flórez, vol. xviii, p. 191.

In Dei nomine. Amen. Anno do nasçemento de nosso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et vynte et sete annos vynte et sete dias do mes de desenbre / estando este dito dia ora de Tercia en Vilamayor enno cabidoo nouo do paaço dos caualeyros da caustrra da iglesia cathedral de Mendonedo en cabidoo por canpaa tangida segundo que he de vso et de custume pre/sentes enno dito cabidoo don Pero Marinno de Lobeyra dean et vigario geeral vacante a see de Mondonedo Diego Peres thesoureyro et Roy Vasques juys do foro enna dita iglesia Diego Aluares Pero Martines Pero Deus Gonçalo Eanes et / Johan Enrriques canonigos et outras personas canonigos et benefiçiados cabidoo da dita iglesia de Mendonedo que y enton presentes eran en presença de min notario et das testemoyas adeante scriptas nos ditas perso/nas canonigos et benefiçiados et cabidoo da dita iglesia et Diego Aluares canonigo procurador do dito cabidoo proposeron et pediron ao dito vigario vacante a see que el ben sabia en commo a dita mesa do dito cabidoo era / proue et os benefiçiados dela non avian congruo sustentamento por que se manteeren et esto meesmo en commo tenpo avia arderan as vilas de Ribadeu et Viueiro et agora nouamente a dita cibdade de Vilama/yor ennas quaes o dito cabidoo auia moyto çenso et rendas et foros en cada hun anno por lo qual se aminguauan os diuinaes officios por ende pedian ao dito vigario aa see vacante que lle prouvese et teuese / a ben considerando os defeytos et proueza do dito cabidoo de anexar ao dito cabidoo et mesa del quaesquer beneficios sen cura que vacasen de aqui adeante asy dos beneficiados do dito cabidoo commo de quaesquer outras / personas quando et cada que vacasen dos quaes a apresentaçon perteesca aa mesa do dito cabidoo. Et o dito vigario consyderando a proueza do dito cabidoo et queymas sobreditas et mingoa dos officios diuinaes et por que / a dita iglesia cathedral fose mellor seruida ennos ditos officios diso que de asenso et consenso do dito cabidoo que anexaua et nexou logo de presente todolos beneficios sen cura que vacasen daqui adeante que perteescesen a / apresentaçon da mesa do dito cabidoo quando et cada que vacasen asi por morte commo por contrato de matrimonio et simples renunciaçon commo por qualquer outro modo et maneira que acontesceren de vacar de aqui adeante. / Et desto todo commo pasou o dito cabidoo et Diego Aluares procurdor del asy pediron a min notario infrascripto que llo de signado para sua garda. Et o dito vigario aa see vacante asi lles lo mandou dar. Que / foy esto todo asy feyto et outorgado enno dito cabidoo dia mes et anno sobreditos. Testimoyas que foron presentes Diego Peres thesoureiro da dita iglesia Roy Vaasques juys do foro Pero Deus Pero Martines canonigos et outros. Petrus Marini decanus vicarius (Rúbrica)
Et eu Affonsianes do Cotal clerigo do coro da dita iglesia et notario publico por la abtoridade ordinaria enna ciudade de Vilamayor sobredita et en / todo o dito obispado de Mondonnedo a todo esto que sobredito he con os ditos testigos (sic) presente foy et esta sobredita carta de aneyxaçon por outro en minna presença / fis escriuir et aqui por mandado do dito dean et vigario et a pedimento do dito cabildo en ela puge meu nome et signo acustumado que taes son en testemoyo / de verdade rogado et requerido (Signo). Alfonsus Iohanis de Cotal clericus et notarius (Rúbrica).

(Reverso):
J. 26. M. iiii. n. 80. Union fecha sede bacante al cavildo de los prestamos que fueren de presentar el cabildo.