GMH/ÍNDICE A-Z

784
1378, agosto, 12. Mazoi
Aldara Pérez dóalles ao bispo e á igrexa de Lugo todo o que lle pertence nas freguesías de Santa Cruz e San Romao de Retorta e recibe a cambio unha terza de centeo anual e unha casa na aldea de Juane, en Sirvián.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 21r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la graçia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, por nos et en nome da nosa iglesia, da huna parte, et eu Aldara Peres de Martin con outorgamento de Fernan Domingues, meu marido que esta presente, da outra parte, fasemos entre nos fasemos entre nos (sic) tal enprasamento que seia firme et valledeyro para senpre segundo que aqui dira, conven a saber que eu, a dita Aldara Peres, dou a vos o dito sennor obispo et a vosa iglesia en firme et pura doaçon que aiades d’aqui endeante para senpre por jur de herdade todas quantas herdades et casas et arvores et jures et pertenenças et pascos eu ajo et me perteesçen de aver por vos et herança de Domingo Peres de Goyan, meu padre que foy, et por compras et gaanças et patrimonio et por outra maneyra qualquer que as eu aia et me perteescan sub signos de Sant Romao et de Santa Crus de Retorta, et por esta presente carta ponno logo a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia enno jur et posison et propiedade das ditas herdades et casas et arvores et jures et pertenenças, et tiro ende a min et a toda minna vos para senpre, et des oie mays este dia mando et outorgo que as aiades para senpre por jur de herdade sen enbargo de min et de toda mina vos.

Et nos, o dito sennor obispo, asy reçebemos de vos, a dita Aldara Peres, a dita doaçon das ditas herdades et casas et arvores et jur et pertenença et propiedade delas para nos et para a dita nosa iglesia, et por esta doaçon que nos fasedes damos et avemos a dar a vos, a dita Aldara Peres, et a o dito voso marido para en toda vosa vida de anbos, huna terça de çenteo en cada hun anno por la medida dereyta que andar enno couto de Lugo, que monta çinquo fanegas et terça d’outra fanega, et mandamos que o aiades et vos lo den et paguen en cada hun anno enna nosa terraria de Servian o moordomo que y por nos et por la dita nosa iglesia andar. Et outrosy vos avemos a dar huna casa feyta et cuberta en que vos et o dito voso marido moredes en vosa vida et de cada hun de vos enna aldea de Juane que he enna dita terraria de Servian. Et avemos-vos nos et nosos susçessores de quitar et defender de todas las monas et peytos et tributos que veeren et ouverdes de pagar en vosa vida et de cada hun de vos. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Aras Peres, coengo et notario publico de Lugo, que fesese ende duas cartas en hun thenor, huna para nos o dito sennor obispo et para nosa iglesia et outra para min a dita Aldara Peres et para o dito meu marido.

Que foy feyta en Masoe dose dias de agosto, era de mill et quatroçentos et des et seys annos.

Testemoyas que estavan presentes: Pedro Ferrnandes, clerigo de Santa Maria do Paaço; Andreu Aras, Domingo Eanes de Martin; Ruy Ferrnandes ts., et outros.

Et eu Aras Peres, coengo et notario publico de Lugo dado por lo dito sennor obispo, a esto presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade.