GMH/ÍNDICE A-Z

84
1311, (decembro), 12
pagamento

Estevo Pérez, mercador, entrégalles a Tareixa Aras e ao seu marido, Pedro Núñez, unha viña en Castroverde, en pagamento de certa débeda.



ACOu, Escrituras XIV, 5

Connuçuda cousa seia a todos que en presença de min Affonso Eanes notario jurado por el rey en Ourense e das tests. suescriptas, Estevoon Peres mercador desse lugar estando en una leyra de viña que dizia que era sua, a qual iaz en Castroverde ontrela leyra que foy de Rodrigo Gomez cavaleiro da una parte e a de meestre Joan de Sorveyra da outra et entesta enna deste meestre Joan e fer enna que foy de Dominga Fernandes da Ayra, disso que por razon de mill mr. portugueses contado xvi pares de diñeiros novos por tres mr. et dos (guaañ)os deles des seys annos a aco que el devia a Tereixa Aras moradeyra na rua Nova e a seu marido Pero Nunez que foy, segundo se contiiña enno estromento da deveda por que llos devia, que entregava esta leyra sobredita con suas perteenças aa dita Tereixa Aras que era presente, e tomou logo na mao da terra e da rama desta vina e duna figueira e dun prexegueiro que y estavan e meteu a na mao da dita Tereixa Aras dizendo que lle entregava esta leyra por rama e por terra, en tal guisa que ella a tevesse e a pessuysse e a lavrasse como non desfaleçesse por mingua de lavor e reçebesse en para sy des aqui endeante todalas novidades e proes que deus y desse e que lle el fezesse paga da deveda sobredita, descontando o custo do lavor que o mays reçebesse en paga desta deveda et prometeu de a non vender nen obrigar ata que esta Tereixa Aras fosse entrega dos mr. sobreditos. Et renunçiou que nunca desto podese (dizer) o contrario por si nen por outro en juizo nen fora del. Esto foy en Ourense, xii dias (de dezenbro), era de milll ccc xl ix anos. Tests. Pero das Pias e Joan Eanes correeyro, Pero Anes dito do Rio lavrador.

Et eu Affonso Anes notario sobredito que a esto presente foy e o escrivy e meu sinal y puge en testimoyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta de una leyra que iaz en Castroverde.