GMH/ÍNDICE A-Z

1169
1466, febreiro, 19. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Afonso de Casás, á súa muller e a dúas voces o casal de Marcelle por renda anual de tres cargas de pan e os servicios de costume.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 34 r.
   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de campaa tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, avudo primeiramente noso acordo et madura deliberaçon, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçessores aforamos et damos en foro a vos Afonso de Cassas et a vosa muller, Aldara Fernandes, o casar de Marçelle, que he dos beens da Capella Nova, por vosa vida et de outras duas persoas, huna qual o postremeyro de vos nomear en sua vida ou a tempo de seu finamento et outra qual nomear aquella persona que por lo postremeyro de vos for nomeada, que seia persona do dito foro quen herdar vosos beens, et asi da segunda persona. O qual casar vos aforamos, segundo dito he, con todas suas herdades et casas et casaas, arbores et prados et pascos et jures et pertinenças, segundo que el a nos perteesçe et a os ditos beens da dita Capella Nova, por lo qual casar nos avedes de dar, en cada hun ano, vos et a dita vosa muller et as ditas persoas despois de vos tres carregas de pan postas en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo desde dia de Santa Maria de agosto ata dia de Santa Maria de septembre, ou a quen coller por nos et recabdar as rendas dos ditos beens da dita Capella Nova, et mays os serviços acostumados que dan os caseyros açerca desta çiudade de Lugo, et vos et a dita vosa muller et as ditas persoas depois de vos que tenades as casas do dito casar levantadas, cubertas et ben reparadas en tal maneyra que non cayan nen se pergan por mingoa de reparo, et labredes et labren as herdades del en tal maneyra que se non vaan a monte por mingoa de lavoria et asi as leyxedes a finamento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro, et con condiçon que qualquer das persoas, que suçederen en o dito foro despois de vos et da dita vosa muller, que do dia que en el suçeder por foreyta fasta trinta dias logo siguentes nos vena mostrar et insinuar como he foreyra do dito foro, sub pena que se o asi non feser que por esse mesmo feyto perga o dito foro.

Et eu, o dito Afonso de Casaas, que presente soo asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por las maneyras et condiçoes susoditas et me obligo a min et a meus beens et da dita mina muller et personas de complir et pagar et atender todo o suso contiudo, segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto mandamos dello faser duas cartas de foro ambas en hun tenor por lo notario iuso escripto huna para nos, o dito cabidoo, et nosos succesores et por mayor firmeza mandamos seelar con noso seelo pendente a carta de foro de vos, o dito Afonso de Casaas.

Que foy feyta et outorgada en a dita ciudade de Lugo dentro en a dita iglesia de Lugo en o dito lugar, dez et nove dias do mes de febreiro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et seis anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Gomes Vasques, Johan Ares, Diego Fernandes, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Mendes, canonigos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro por mina mao propia escrivi et aqui puge meu nome et signal acustumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.