GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

58

1294, agosto, 29. Vilamaior-Mondoñedo.
Arrendamento que fixo o deán Abril Yanes a favor de varias persoas da herdade de Amido, sita en Pelourín (Mondoñedo) en 17 soldos anuais.
A, perg., partido por A.B.C. de 246 x 160 mm. Letra semigótica.

Sabam quantos esta carta viren commo nos Abril Eanes dayan et o cabidoo de Mendonedo con outorgamento de Pedro Peres moordomo do bispo procurador / de Domigno Ualasco coengo et miistrador dos meses de Villamayor por lo / Cabidoo damos a uos Pay Eanes dito Goyos et Domingo Martines dito Te/llado et Pedro Domingues dito Guyno et Johan Carreia et Johan Bretom et Pedro Orella et Affonso Lopez et a uossa suçesson a herdade do Amiido de Pelourin commo / se departe da herdades de Pumarinno da una parte et da outra pare da herdade / de Villa Lourente et da outra parte da herdade de Pineyros et da outra parte da herdade de Maria Eanes do Sobrado por marcos que y mandamos poer por / tal condison que uos deuedes a dar cada anno ao nosso miistrador que teuer a nossa amiistraçon de Villamayor dez et sete soldos leoneses ou a uallia delles conuen a saber os meos por kalendas mayas et os outros meos por kalendas augustas. / Et que isto seia çerto et non uenna en dulta damosuos ende esta carta parti/da por a.b.c. et aseelada con nosso seello pendente. Dada en Villamayor / tres dias por andar do mes d-agosto Era de mill et tresentos et trinta et / dous annos.
Testemoyas Martin Peres coygo de Mendonedo Fernan Galmaro Fernando Eanes / Johan Lopez Pedro Gonçaluez clerigos de coro Pedro Fernandez de Valino / et Johan Testa.
Et eu Martin Iohannis raçoeyro et notario publico da yglesia de Mendonedo presente fuy et por mandado do dayan et / do cabidoo et dos hommes sobreditos estes praços / en minna presença fiz escriuir et suescriuo por minna / mao propia et ponno hy meu sinal (Signo, no que se le: Martinus Iohannis notarius).

(Reverso):
D. nº 50. M. iii n. 17. Carta do Amiidal.